|
Características da Egu
A Enciclopedia
Galega Universal é unha obra de carácter analítico ordenada
alfabeticamente e dividida en artigos ou entradas que utilizan formalmente
a letra negra grosa. Ex: aba, fungueiro,
Megalitismo, Xunqueira de Ambía, etc.
Os
préstamos, é dicir,
as palabras de orixe non galega, pero incorporadas á lingua común e que
teñen unha flexión galega non levan ningún asterisco, senón tan só a
indicación da lingua de orixe e, ás veces, tamén a forma orixinal. Ex:
falla [galic
faille],
piano [ital].
A fraseoloxía
latina ou non, incluímola tamén nesta clasificación. Ex:
sine die [lat],
ad hoc [lat],
savoir faire [galic], etc.
As palabras non
galegas ou estranxeirismos,
é dicir, que o galego tomou doutras linguas, levan un asterisco á dereita
e, a continuación entre corchetes, a indicación da lingua da que proceden.
Ex: demodé* [galic],
oblast*
[ruso]. Un caso excepcional, no ámbito da
bioloxía, constitúeno as entradas correspondentes á categoría taxonómica
de xénero que, aínda que latinas, non presentan ningún tipo de signo
distintivo. Ex: Salix.
As entradas de
léxico común preséntanse acompañadas da etimoloxía. Entre paréntese
indícase a lingua de orixe, mediante unha abreviatura e o termo de
procedencia. Este pode ir en alfabeto latino ou calquera outro, neste
último caso manterá a forma orixinal e a traducción. Ex:
allo
(< lat alliu);
cinético
(< gr κινητικος ‘que pon en movemento’).
O símbolo <
precede sempre á voz da que procede sexa esta unha palabra doutra lingua
ou un termo en romance. Ex: amorío
(< amor),
amigo
(< lat amicu).
As formas
hipotéticas, reconstruídas sen o apoio de documentación aparecen cun
asterisco verza
(< lat v vĭrdĭs < lat c *vĭrdĭa).
Cando se necesita
por claridade indicar o significado na lingua orixinaria utilízanse as
comiñas simples para sinalalo. Ex: amorodo
(< lat moru ‘mouro’).
Se queremos indicar a composición de máis dun termo dun mesmo étimo
acudimos ó signo + (Ex: amencer
< ad ‘a’ + lat mane ‘mañá’ + suf scere).
As entradas
tradúcense a tres linguas: portugués (port),
castelán (cast)
e inglés (ingl),
respectivamente, e preséntanse entre corchetes, tralo étimo. De cada
entrada tradúcense as de uso máis frecuente e ordénanse polo número de
acepción. Ex: apañar
[port: apanhar, recolher, pillar; cast: recoger; ingl: to get together, to
catch] . Tamén aparece indicada a desinencia
feminina nas palabras castelás e portuguesas cando presenten un sufixo de
xénero diferente ó do masculino. Ex:
arriscado -da [port: arriscado -da; cast:
arriesgado -da; ingl: risky, dangerous]. Nos
artigos relativos á flora e fauna as distintas acepcións teñen o mesmo
tratamento cás entradas, polo que cada unha das especies introducidas en
letra negra van acompa ñadas da traducción nas tres linguas mencionadas
(Ex: abeto (lat
v abete < lat c abiĕte) [port: abeto; cast: abeto; ingl: fir]
1 s m PLANTA
Árbore da subfamilia das abietoideas que pertence ós xéneros
Abies, Picea, Pseudotsuga ou Tsuga.
Caracterízase por ter acículas perennes que non
sobrepasan os 35 mm, presentes só nos
macroblastos.
2 abeto branco [Abies
alba, subFam das abietoideas]
[port: abeto branco; cast: abeto blanco; ingl:
European silver fir]
s m PLANTA Árbore de
ata 45 m de altura (...). 5 abeto pinsapo
[Abies pinsapo,
subFam das abietoideas]
[cast: pinsapo; ingl: Spanish fir]
s m PLANTA
Árbore de ata 25 m de altura (...) 7 abeto
rubio [Picea abies,
subFam das abietoideas]
[cast: abeto rojo; ingl: common spruce]
s m PLANTA
Árbore de ata 50 m de altura (...).
Polas especiais
condicións sociolingüísticas do galego moitos termos quedaron vinculados a
unha comarca ou área determinada. Na EGU
tamén se recolleron voces específicas dalgunhas áreas lingüísticas
concretas Ex: golpe
área mindoniense. Deste xeito aparecerá recollida
aquela información sobre a área ou subárea dialectal á que pertence a
entrada que estamos a definir.
Ademais dos
sinónimos que constitúen termos recoñecidos polo estándar oficial,
decidiuse incluír na presente obra aquelas
variantes, relativas a termos etnográficos e
de flora e fauna, que presentan un uso moi espallado. Neste caso,
recolleuse un corpus lexicogr áfico que, sen estar fixado na Normativa
Oficial da Real Academia Galega, ten unha existencia independente na fala
e en obras especializadas. Estas formas non normativas a índa que tamén se
incluíron remítennos á forma estándar que será a que desenvolva o concepto
da entrada. Ex: abriota
s f PLANTA
V abrótega.
Se se trata dunha
forma incorrecta en galego, a entrada remite á forma normativa
correspondente, pero presenta un asterisco á esquerda. Ex: *almidón
[cast] s m V
amidón.
Nos nomes
vulgares de seres vivos, inmediatamente despois da entrada, aparece entre
par éntese o nome científico coa familia á que pertence. Ex:
lobo [Canis
lupus, Fam cánidos]. As entradas de
xénero poden aparecer na forma vulgar, por
exemplo salgueiro,
ou na forma latina, Salix;
neste caso tanto as especies que comprenden como a familia á que pertencen
aparecen recollidas no texto. As entradas referentes a compostos qu ímicos
levan entre corchetes a fórmula química correspondente. Ex:
cloranfenicol [C11H12Cl2N2O5].
Nos casos de compostos coñecidos habitualmente por un nome distinto da
nomenclatura científica ó uso, a entrada corresponde ó primeiro, seguido
entre corchetes da nomenclatura científica xunto coa fórmula química. Ex:
arxinina [ácido 1-amino-4-guanidino-valérico:H2N-C(=NH)-NH-CH2CH2CH2CH(NH2)COOH].
As palabras que
amosan unha forma e categoría gramatical diferente (substantivos,
adxectivos, verbos, etc) constitúen entradas diferentes; por ex:
abandono, abandonar, abandonado preséntanse
como tres entradas diferentes. Agora ben, as diferentes categorías
gramaticais dunha palabra, especificadas en cada acepción, e as locucións
das que forma parte inclúense dentro dunha mesma entrada. Ex:
real (lat regale)
1 adx
Relativo ou pertencente ó rei ou á realeza.
2 adx
Dise do patrimonio pertencente ó rei.
3 adx
Que está baixo o padroado do rei.
4 adx fig
Excelente, magnífico. 5
s m [pl: reás]
Moeda española de 25 céntimos de peseta, hoxe fóra
de circulación. 6
s m Moeda do Brasil.
Incluso se hai difererencias na flexión; ex: o adverbio
antes, e as locucións
prepositivas antes de
e conxuntivas antes que
inclúense na mesma entrada antes.
Dúas palabras de
igual forma gráfica, pero de diferente etimoloxía, consígnanse como dúas
entradas diferentes. Ex: 1golpe
(< lat v colŭpus
<lat c colăphus <
‘puñazo’ < gr χóλαφοζ
‘labazada’) 2golpe
(< lat vŭlpu
‘raposo’). Co fin de distinguilas, recórrese a números arábigos situados
diante da entrada en superíndice. Os nomes propios sempre son tratados en
artigos separados (Ex: Acre,
estado do Brasil; Acre,
cidade de Israel), agás cando constitúen unha
acepción interior, a
cal ten sempre unha relación estreita co nome que figura no encabezamento
(ex: Lemoyne).
As entradas das
palabras aparecen habitualmente pola forma masculina singular. A
desinencia feminina dos substantivos e adxectivos, no caso de tela,
aparece a continuaci ón da forma masculina, no mesmo corpo ou tipo de
letra e repetindo a sílaba final completa (Ex:
mozo -za,
sogro -gra, etc).
Tamén se recollen os substantivos ou adxectivos que, ó non presentaren
desinencia feminina, só constan dunha terminación (Ex:
breve,
xornalista, etc).
Cando os substantivos posúen un feminino totalmente diferente do masculino
(Ex: home / muller,
boi / vaca,
etc) e aqueloutros que se forman con sufixos
especiais (abade / abadesa,
tsar / tsarina,
etc), teñen entrada propia. Por outra banda, os plurais irregulares ou
dubidosos son indicados entre corchetes. V éxase o Ex:
real [pl: reás] na
súa acepción 5
ou a voz álbum
[pl: álbums]. Excepcionalmente, algunhas palabras
científicas, en especial en ciencias biolóxicas entraron coa forma en
plural (Ex: acantocéfalos).
Os nomes comúns
que constitúen entrada na EGU,
grafíanse en minúscula e van acompañados da correspondente definición. Ex:
amanuense s m
Escribán, persoa que escribe á man e ó
dictado ou copiando. As entradas de carácter científico ou técnico que
desenvolven diferentes acepcións van seguidas de abreviaturas de materia.
Estas abreviaturas determinan a rama de co ñecemento que está a ser
obxecto de estudio. Ex: piano 1
s m
MÚS Instrumento
cordófono de tecla...; aceiro 1
s m
IND
Aliaxe de ferro e unha pequena cantidade de
carbono. Se a mesma acepción pertence a dúas ou máis disciplinas ou
materias, relaciónanse por orde de importancia, separadas cunha barra.
Así, por exemplo, o antibiótico actinomicina
leva un epígrafe de materia
BIOL/QUÍM debido a
que pola súa producción é un fenómeno biolóxico, e pola súa composición un
producto químico. Estas indicacións de materia fan referencia ós aspectos
esenciais do concepto definido e non ós aspectos indirectos da entrada,
anque estes sexan tratados nesta. Ex: o artigo
aceiro leva só un
encabezamento IND,
aínda que dentro desta se mencione a súa importancia económica.
Unha entrada pode
ter unha ou máis acepcións. As que inclúan dúas ou máis numéranse con
caracteres arábigos e en letra negra (Ex:
ameaza [ port:
ameaça; cast: amenaza; ingl: threat]
presenta catro acepcións: 1
s f
Acción de ameazar. 2
s f Palabra,
xesto, etc coa que se ameaza. 3
s f Indicio
polo cal se manifesta un perigo, unha cousa temida.
4
s f DER Delicto
consistente...), salvo nos casos das
acepcións interiores, citadas dentro do
corpo dunha entrada encabezada en xeral por un nome propio, as cales van
sen numerar. Ex: Lemoyne
Familia de escultores franceses do século XVIII.
Jean-Louise Lemoyne
(1665-1755) traballou en Versalles e Marli, e
Jean Baptista (I) Lemoyne
(1679-1731)... O seu fillo,
Jean Baptiste (II) Lemoyne
(1704-1778) foi escultor...
Unha acepción
pode ter dúas ou máis subacepcións, as cales achegan matices que cómpre
distinguir na definición xeral daquela. Estas irán numeradas en cursiva.
Por exemplo, a entrada á
ten na acepción 1 s f
ANAT catro subacepcións:
1 Órgano dalgúns animais...
2 Membrana dalgúns
mamíferos... 3
Membrana dalgúns réptiles actuais... 4
improp Aleta
pectoral modificada dos peixes voadores... Cando a acepción dunha entrada,
como neste exemplo, ten a mesma materia en todas as subacepcións a
indicación desta márcase dentro da acepción. Se pola contra cada
subacepción responde a diferentes materias ou unha delas se modifica a
indicación de materia vai introducida dentro de cada subacepción.
Por outra banda,
considéranse de maneira diferenciada as
frases feitas que se introducen ó final de
cada entrada e non tras cada acepción debido, ás veces, á dificultade de
agrupalas nalgunha delas. A frase feita márcase en letra grosa seguida dun
punto e da aclaración. Ex: a entrada mar
inclúe dentro do epígrafe
FRAS:
A mares.
Abundantemente, en gran cantidade. Andar ó
mar. Estar ocupado realizando traballos de
pesca. Arar no mar/dar
golpes ó mar. Perder tempo nun esforzo que
non vai dar resultado. Baixar o mar.
Descender a marea. Bater o mar.
Cando o mar golpea a costa con grandes ondas.
Correr o mar. Navegar
sen destino ou rumbo fixo...
Unha locución
formada por un nome común entra por aquela palabra que constitúe o núcleo
da mesma ou semella a máis característica. Unha locución formada por un
nome propio e
un nome común
entra normalmente polo nome propio. Ex:
Suído, montes
do.
Inclúense tamén
nesta clasificación os refráns.
As definicións de
cada unha das entradas, acepcións ou subacepcións procuran en todo momento
a claridade e evítanse os conceptos complexos que poidan complicar a súa
comprensión. Con este fin introdúcense, cando cómpre, exemplos xa
rexistrados na tradición onde se recolle o termo definido.
Inclúense nesta
clasificación os exemplos tomados da tradición popular (excepto os refráns
que se recollen como frases feitas) ou as citas literarias recollidas
entre comi ñas; indícase nestes casos ó final e entre paréntese a obra e o
autor.
Os títulos de
libros aparecen recollidos en letra cursiva e respectando a súa lingua
orixinal. Cando esta non é nin o portugués nin o castelán, engádese entre
comiñas simples e tamén en cursiva o título da traducción na nosa lingua.
Se non se atopa aínda no mercado a versión en galego achégase entre
paréntese unha posible traducción do orixinal, para facilitarlle ó lector
a súa localización nunha lingua máis próxima. Ex:
Das Kapital (O
capital, 1871), Le petit prince
(‘O principiño’,
1957).
No tratamento da
lexicografía e, por razóns de amplitude, introdúcense tres campos que
resultan un tanto inusuais en obras desta envergadura como son: os
sinónimos, os
antónimos e as
confrontacións.
As entradas
léxicas, suxeitas ós cambios, enriquécense e relaciónanse unhas con outras
a través do fenómeno da sinonimia que se basea sempre nun principio de
identidade de significado, e que permite que d úas ou máis palabras
diferentes co mesmo significado poidan conmutarse entre si en calquera
contexto e nos diferentes actos de fala.
Agora ben, ás
veces, o establecemento de sinónimos choca frontalmente con outro aspecto
lingüístico non relacionado directamente como son os rexistros ou usos que
fan referencia ás variantes diafásicas,
e que tamén se recollen mediante unha abreviatura nesta obra (V as
abreviaturas sobre os usos Ex: vulg, fam,
col, etc).
A
EGU desenvolve os
tres modelos de conxugación regular nos verbos
andar, varrer e
partir.
Ademais aparecen conxugados aqueles regulares que presentan algunha
variación ortográfica no seu paradigma (Ex:
abranguer, gorecer, etc) e todos os
irregulares (Ex: dar, ser,
etc). Nos dous últimos casos, co fin de facilitar a
flexión das formas verbais, cada verbo remite, cunha frecha de envío e
entre corchetes, á forma que constitúe o antedito modelo. Ex:
transgredir [→ pedir].
Cando o verbo presenta alternancia vocálica indícase, despois da forma
conxugada, o timbre aberto ou pechado da vocal tónica mediante corchetes e
segundo o alfabeto fonético internacional (AFI).
Para facer esta
clasificación, tivemos como referencia as publicacións de Manuel Díaz
Regueiro, Os verbos galegos
(1992) e Normas
ortográficas e morfolóxicas do galego (1995),
publicadas pola RAG/ILGA. Na nomenclatura dos tempos verbais, óptase pola
terminoloxía fixada por esta última fronte á tradicional.
Gramática
Tradicional Nova terminoloxía
——————————————————————— ————————————— ——————————————————————— —————————
Pretérito
Imperfecto Copretérito
Pretérito
Perfecto Pretérito
Pretérito
Pluscuamperfecto Antepretérito
Condicional
Pospretérito
——————————————————————— ————————————— ——————————————————————— —————————
Levan maiúscula
inicial e, polo tanto, entran pola primeira palabra:
a)
Os nomes de entidades,
empresas,
institucións,
organismos concretos, movementos e partidos
políticos, organizacións relixiosas (Ex:
Fundação Gulbenkian, Nova Escola Galega,
Partido Galeguista, Fundación Barrié de La Maza, Pescanova, Instituto da
Lingua Galega, etc) as cales entran na
lingua que lles é propia, excepto cando se trate de entidades
internacionais ou de idiomas non latinos nin xerm ánicos, nos que aparecen
transliterados.
b)
Os feitos e períodos históricos concretos con
denominación específica. Ex:
Primeira Guerra Mundial, Segunda Guerra Irmandiña,
Neolítico, etc.
c)
As siglas, que entran
con todas as letras en maiúscula e sen puntos. Ex:
FAI, CIG, UXT, etc.
d)
Os nomes de monumentos ou conxuntos monumentais
illados ou moi singularizados,
os títulos de obras de arte,
literarias,
etc. Ex: Coliseo de Roma, Sempre en Galiza,
Dama de Elxe.
Os nomes de
institucións, sociedades, fundacións, agrupacións, empresas, etc aparecen
recollidos co nome completo. Aquelas que habitualmente se co ñecen por un
nome de seu (Ex: Abrente
en lugar de Asociación Cultural Abrente,
Albéniz no canto de Agrupación Musical
Albéniz...) as súas entradas corresponden ó termo que identifica a
asociación. Ex: Mondariz, Augas de.
Levan maiúscula
pero non son consideradas como termos que determinan un encabezamento:
—Os artigos. Ex:
Gudiña, A;
Cairo, O.
Pola contra, non
levan maiúsculas e, polo tanto, non son consideradas como palabras que
determinan entrada:
—As indicacións
de lugar ou outras partes xenéricas dun topónimo, mesmo cando só se
empregan en toponimia menor para indicar: casa, eido, etc (Ex:
Budiño,
lagoas de;
Carnota, areal de;
Oia,
montes de; Dombate, dolmen de),
agás cando perden o valor orixinario e derivan en nomes de parroquias,
vilas, comarcas, etc. Ex: Terra de Lemos,
Val do Salnés.
En canto á
ordenación alfabética, de constituíren sintagmas, tense en conta a
primeira palabra e en segundo lugar a parte secundaria deste. Ex:
Vilanova / Vilanova de Arousa / Vilanova de
Carballedo / Vilanova de Lourenzá, etc.
Un encabezamento
ou epígrafe que consta de máis dunha palabra e entra por outra distinta da
primeira presenta dous corpos diferentes: a que constit úe o núcleo
principal aparece en letra grosa e vai en primeiro lugar; a parte
secundaria, que na ordenaci ón normal iría antes da palabra principal,
aparece en letra negra fina, detrás e precedida dunha coma (Ex:
Trento, Concilio de).
A primeira parte, en letra grosa, é a única que se ten en conta para a
ordenación, sempre que non haxa ningún encabezamento máis ou parte
primaria deste que sexa igual. Ex: Abad,
Xosé / Abad Fernández, María / Abade Abade, Boaventura / Abade, Rosendo /
Abadexo, etc.
Non contan para a
ordenación alfabética, pese a iren diante, os prefixos literais ou
numéricos, do tipo dos empregados na terminoloxía química. Ex:
2-aminopiridina,
α-aminoisobutírico,
ácido; p-aminodimetilanilina, etc.
Para os nomes de
persoa que levan unha partícula, tense en conta ou non esa partícula
segundo a tradición do seu país. Ex: Aache,
Hans von, pero
De Chirico, Giorgio.
Cando diversas
entradas coinciden no encabezamento ou na parte primaria, en letra grosa,
para ordenalas obs érvanse os seguintes factores:
—En igualdade
absoluta, as minúsculas van diante e as maiúsculas detrás. Ex:
agar / Agar.
—As entradas que
non teñen signos diacríticos van diante das que si os presentan. Ex:
presa / présa.
—En igualdade de
partes primarias, deciden a ordenación as secundarias, con prioridade para
os encabezamentos que non teñen partes secundarias posteriores. Ex:
Alonso, Pilar / Alonso Barba, Álvaro / Alonso
Fernández de las Redondas, Dámaso / Alonso Montero, Xesús.
Dentro da mesma
entrada, as acepcións de léxico xeral preceden normalmente ás que levan
epígrafe de materia, ordenadas segundo a súa importancia; do mesmo xeito
aparecen tamén ordenadas aquelas locucións substantivas que constitúen
subentradas. Ex: ala 5
DEP
1 s f
En deportes colectivos (...)
2 á delta
Enxeño empregado no voo libre (...)
3 á de pendente
Modalidade de paracaídas (...). Con todo,
nalgúns casos, prescíndese destas normas de ordenación das acepcións nunha
entrada cando a importancia desta ou a relación de sentido coa primeira a
facía aconsellable. Nalgunhas entradas moi longas e complexas (pola
cantidade e a variedade de acepci óns, subacepcións ou locucións) óptase
polo agrupamento das acepcións e das locucións de acordo cos epígrafes de
materia.
Nas entradas ou
partes de entrada que teñen un desenvolvemento extenso, o texto
fracciónase en títulos (ou mesmo en subtítulos) que fan máis lexible a
exposición e máis clara a presentación. Este é o caso das entradas de
estados, nacións, etc, que abren unha alínea para historia e xeografía;
tamén algunhas de ciencias ou doutras materias que pola súa complexidade o
precisen. Ex: véxase a entrada aceiro
que se articula en estructura, tratamento e
propiedades;
clasificación e
producción.
Os topónimos
aparecen recollidos na forma galega e indícase a continuación e entre
paréntese a forma orixinaria. No caso dos idiomas escritos en alfabeto
latino, mantense a ortograf ía orixinal, e no caso dos idiomas de alfabeto
non latino, a forma orixinal aparece transliterada.
Os antropónimos
aparecen na forma orixinal ou transliterados agás os nomes históricos que
se recollen na nosa lingua.
Deste xeito
recóllense na súa forma galega ou adaptada á fonética galega:
a) Os nomes dos
estados e dos países de todo o mundo. A maioría destes nomes xa teñen unha
tradición no noso idioma. Outros, de formación recente, non gozan desta
tradición, e a súa adaptación, como ocorre noutros idiomas románicos, é a
miúdo superficial ou mesmo inexistente. Ex:
Malawi, Chad, Kazahistán.
b) A gran
toponimia universal pode presentar formas galegas tradicionais. Ex:
Bos Aires, Londres, Milán, Rhin, Volga,
etc; ou outras de tradición máis recente, que trataremos de fixar. Ex:
Xohanesburgo, Serra Leona.
No referente á Península Ibérica respectamos a súa lingua orixinal.
c) As
denominacións de organismos internacionais e as de entidades nacionais en
idiomas non latino nin xerm ánico, salvo que a denominación no idioma
orixinal sexa a usualmente coñecida, Ex:
Greenpeace, introdúcense na súa denominación
galega. Ex: Organización das Nacións Unidas.
d) Os
antropónimos medievais cunha forma galega tradicional de uso moi xeral
entran por esta forma. Tam én, os nomes dos papas, reis, príncipes e
membros das casas soberanas entran en galego. Ex:
Xoán XXIII, Xoán Carlos I, Alexandre IV.
e) Os nomes de
persoa e de lugar da antigüidade clásica grega, latina ou bíblica entran
pola súa forma galega, fixada por vía tradicional ou por vía literaria.
Ex: Virxilio, Xasón.
Igualmente os nomes de personaxes da literatura universal. Ex:
Don Quixote.
f) Os nomes de
personaxes históricos e actuais importantes de citación frecuente nos
escritos cultos entran pola súa forma transcrita marcada pola tradición
que remite á forma transliterada. Ex:
Čajkovskij,
P’otr lljič é a forma transliterada e
Chaikovski,
Piotr Ilich a forma
transcrita que remite mediante un envío á anterior que será a que
desenvolva o contido da entrada. No caso de personaxes con pseudónimo
aparecen as dúas entradas, o pseudónimo que nos remite ó nome completo
onde se desenvolve o contido correspondente á entrada.
g) Os títulos de
obras literarias e as denominacións tradicionais das obras artísticas
entran pola súa traducción galega (ou máis aproximada se o título non ten
traducción en galego e indicada esta entre paréntese). Estes títulos
tradúcense en todos os casos agás cando van en portugués e castelán onde
respectamos a lingua orixinaria (V o epígrafe
Tradición oral e citas).
Con respecto ós
topónimos e antropónimos de culturas que non empregan o alfabeto latino
adóptase o criterio de transliterar, é dicir, dar os equivalentes gráficos
do alfabeto orixinal. Tamén cando está fixado pola tradición recórrese á
transcrición, é dicir, dar no noso alfabeto o equivalente fonético do
orixinal (véxase exemplo do punto f).
Hai linguas nas
que só se pode facer a transcrición pero non transliteración (checo,
servo-croata...); nestes casos adóptanse os mesmos criterios, isto é,
mantense sempre a forma orixinal acompañada da forma adaptada á nosa
fonética naqueles nomes con peso na tradición. A transliteración ten, ó
noso entender, certas vantaxes: tende á claridade e dá un tratamento
paralelo ás formas estranxeiras transliteradas con respecto ás formas
estranxeiras do alfabeto latino. Nos nomes dos países de recente
independencia facemos unha adaptación fonética dos nomes transliterados,
no caso de que o alfabeto de orixe non sexa latino.
O lector atopará
as equivalencias gráficas dos signos empregados nas transliteracións das
táboas das entradas correspondentes dos diversos alfabetos (árabe,
armenio, cirílico, xeorxiano, grego, hebreo) e os equivalentes fonéticos
nas transcricións á nosa lingua nos casos en que cumpra.
Nas
transliteracións de nomes en alfabeto árabe é necesario notar que non se
tiveron en conta diversos signos ortográficos do árabe clásico, nin as
vocais de caso. As vocais longas están indicadas: ā, ī, ū.
O alif maqsura
está representado à
e a ta marbut
só está indicada (t)
en estado constructo. A toponimia dos países árabes da área cultural
francófona (Ex: Marrocos, Túnez, Alxeria
e Mauritania)
dáse segundo a súa transcrición fonética francesa, que é máis usual e
coñecida.
Os topónimos dos
países de lingua indoeuropea, que se escriben sen embargo nun alfabeto
modificado (Ex: Irán, Afganistán
e Paquistán),
danse nunha transcrición fonética de base inglesa, usual nestes mesmos
países.
Os nomes rusos
translitéranse segundo as Normas
dos Institutos Científicos de Rusia. Os nomes
noutras linguas escritas en cirílico translitéranse normalmente segundo o
sistema de ISO, excepto o caso do kha
transliterado non por h
senón por kh.
Os nomes
pertencentes ó mundo cultural hindú aparecen transliterados de acordo co
sistema de transliteración do alfabeto devanagari. Os nomes xeográficos
actuais e algúns nomes de personaxes contemporáneos veñen dados en
transcrición, de base inglesa, usual mesmo nas publicacións indias
modernas. O mesmo se fixo cos nomes pertencentes a países con linguas
escritas en alfabetos derivados do devanagari. Ex:
Bangla Desh, Myammar, Laos, Nepal, Sri Lanka
e Tailandia.
Os nomes gregos
modernos translitéranse cando non corresponden a nomes gregos clásicos;
estes últimos transcríbense ou galeguízanse, normalmente, segundo os
criterios establecidos por C.R. na colección de escritores gregos da F.B.M.
Nas
transliteracións de nomes en alfabeto hebreo non se tiveron en conta
diversos signos ortográficos. O sewa
móbil está indicado por e.
O artigo únese á palabra mediante un guión. Ex:
Iehudá ha-Leví.
Marcáronse as sílabas tónicas segundo as regras de acentuación galegas.
Ex: Misná, Mosé, Talmud.
Nos nomes vivos translitérase w
por v (Ex:
David, Leví) e
o grupo Yi
inicial por I (Ishaq).
Algúns topónimos importantes de Israel recóllense nunha transcrición de
base inglesa, cando esta forma parece máis usual ou coñecida.
A transcrición
das palabras chinesas adoptada é a pinyin,
oficial na República Popular China. Cando esta transcrición difire da
Wade modificada –a máis corrente durante
moitos anos–, entra tamén a transcrición neste segundo sistema remitindo á
forma pinyin.
Nos nomes xeográficos entran tamén algunhas transliteracións menos
regulares pero usuais. Para a toponimia de Taiwán consérvanse os sistemas
de transcrición de Hepburn e de McCune-Reischauer respectivamente, ambos
consagrados internacionalmente.
Nas entradas
relativas a nomes propios e topónimos que presentan dúas ou máis formas,
desenvólvese o contido nunha delas. As outras entradas levan unha frecha,
como signo, e o termo ó que remiten en cursiva. Ex:
Aachen
↪
Aquisgrán. Nestes
casos a remisión serve para indicar a entrada na que se desenvolve a
definición ou explicación enciclopédica dun concepto.
Nas entradas de
léxico común que presentan varias formas normativas para designar o mesmo
concepto só se desenvolve unha delas e as demais remiten a esta mediante
unha frecha de envío. Ex: abruón
s m ↪
afungadoiro.
Este mesmo signo
↪
introdúcese tamén na redacción das acepcións e
subacepcións e neste caso a remisión indica a conveniencia de ampliación
dalgún aspecto do tema tratado na entrada desde a cal se fai esta, e,
deste xeito, o env ío serve para avisar do carácter complementario ou
suplementario dunha entrada respecto da outra.
No ámbito da
bioloxía, nas entradas que expresan o nome común dun xénero (Para xénero
salgueiro e
Salix)
podémonos atopar con especies que pertencendo a ese mesmo xénero (Salix
viminalis) teñan un nome común distinto (Ex:
vimbieira)
polo que cómpre empregar o envío que permita relacionar estas dúas
entradas.
Este sistema de
referencias permite integrar sectores conceptualmente coherentes que, a
causa da estructura anal ítica e alfabética da
EGU, aparecen
formalmente separados.
A presente
edición da Enciclopedia Galega
Universal incorpora un gran número de palabras
novas. Estas son, fundamentalmente, de tres clases:
a)
Neoloxismos científicos e técnicos que
non tiñan cabida nos diccionarios publicados en lingua galega ou ben
respondía a conceptos descoñecidos ata agora.
b) Aquelas
palabras do léxico común que a miúdo por razóns de espacio, non aparecen
recollidas nas obras lexicográficas pero que a correcta flexión gramatical
e o uso fixaron na tradición. Ex:
historicista, xacemento, desertización...
c) Variantes
fonéticas e dialectais de uso moi estendido en Galicia. Ex:
abrigadeiro
s m V abrigadoiro.
As reseñas
biográficas de persoeiros galegos constitúen unha revisión e actualización
da súa vida e obra partindo de obras de referencia xa clásicas ás que se
incorporan datos froito das investigacións máis recentes, en moitos casos
inéditos, que fan da EGU
a máis completa base de datos das existentes neste xénero. Tamén teñen
entrada todos os títulos nobiliarios de Galicia xunto ós máis importantes
de Europa, desenvolvendo convenientemente aqueles máis relacionados co
galego. A EGU
constitúe unha fonte excepcional de consulta sobre a actividade das
personalidades vivas vencelladas ós diferentes eidos de actividade
profesional en Galicia.
Nas biografías
sistematízanse, despois do encabezamento e entre paréntese, os aspectos
cronolóxicos que enmarcan a vida e a obra destes: lugar e data de
nacemento - lugar e data da morte. Ex:
Darwin, Charles (Sherewsbury 1809 - Down,
Kent 1882). Se se ten coñecemento do día e mes inclúense separados por
puntos e a parroquia e o concello separados por comas: Ex:
Loya, Diego Manuel (Pazó,
Allariz 22.10.1666 - Nápoles 1750). O descoñecemento dalgúns destes datos
indícase cun interrogante: Ex: Teodomiro (?
- Compostela 847).
Nalgúns supostos
concretos atopamos trazos especiais que cómpre subliñar:
—Cando o lugar da
morte é o mesmo có de nacemento, este non se repite e, polo tanto, o guión
só separa as dúas datas. Ex: Londres 1916 - 1989.
—Cando a
localidade de nacemento ou da morte é pouco coñecida vai acompañada polo
nome da comarca, da rexión ou do país ó que pertence. Ex:
Abad y Queipo, Manuel
(Villapedre, Asturias 1751 - Santa María de la
Sisla, Toledo 1825). No caso dos personaxes galegos inclúese a parroquia e
o concello separados por comas. Ex: Blanco
Blanco, Concha (Lires, Cee, 1950).
—Os lugares ou
datas que non se coñecen de certo ou non existe documentación ó respecto
gráfanse seguidos inmediatamente por un signo de interrogación.
Nos nomes de
persoa non galegos aplícanse as normas establecidas no epígrafe
Traduccións, adaptacións, transliteracións.
Dentro do ámbito
da Comunidade Autónoma de Galicia recóllense como entradas
individualizadas as comarcas históricas e actuais, os concellos e as
parroquias, ademais daqueloutras entidades de poboaci ón que pola súa
relevancia en calquera aspecto merezan ser introducidas, sen esquecer todo
tipo de demarcaci óns políticas, administrativas ou eclesiásticas, tanto
as actuais como as históricas. Recóllense as 53 comarcas administrativas
establecidas no Mapa Comarcal de Galicia (do 20 de febreiro de 1997,
segundo mandato da Lei 7/1996, de Desenvolvemento Comarcal de Galicia). Do
mesmo xeito, no tocante á administración municipal, a
EGU contempla os 315
concellos constituídos na data, e as máis de 4.000 parroquias que os
integran, que, malia non teren máis ca un recoñecemento simbólico no
artellamento administrativo do país, continúan a ser o vencello entre o
ser humano e o medio cun maior grao de percepción, de vivencia e de
identificación comunitaria. Neste aspecto, cómpre destacar que se recollen
as variacións rexistradas na distribución parroquial e municipal, segundo
a documentación tirada dos censos de poboación e nomenclátores elaborados
polos distintos institutos responsables da estatística española de xeito
sistemático dende 1887 e compilada polos profesores Pazo Labrador e Santos
Solla (1995). As í mesmo, teñen entrada propia os santuarios, portos,
aeroportos e principais vías de comunicación, centros turísticos,
edificios e demais elementos do patrimonio arquitectónico monumental ou do
patrimonio natural de especial interese. Do mesmo xeito, incl úense os
principais accidentes do relevo (serras, montes, chairas, depresións, etc),
do litoral (praias, illas, puntas, enseadas, esteiros, etc) e as augas
continentais (rede fluvial, lagoas, encoros, etc).
Todos os nomes
fican na forma oficial fixada pola Comisión de Toponimia da Xunta de
Galicia, segundo se reflicte no mandato da Lei 3/1983 de Normalizaci ón
Lingüística de Galicia.
Polo que respecta
ó exterior da nosa comunidade, rexen os criterios que relatamos a seguir:
teñen entrada as localidades de máis de 1.500 habitantes do resto dos
Estados Ibéricos (España e Portugal, cos seus arquipélagos respectivos e
outras posesións); 50.000 para o resto de Europa; 100.000 para o resto do
planeta. Téñense en conta, sen embargo, as capitais de territorios oficial
e administrativamente reco ñecidos. Esto explica o aparente paradoxo de
que algún núcleo pouco populoso, pero capital de Estado, sexa recollido,
namentres quedan exclu ídos outros meirandes. Inclúense tamén as divisións
administrativas de primeira orde, as principais rexións xeográficas e os
centros económicos (mineiros, industriais, pesqueiros, de transportes, etc),
culturais, históricos, relixiosos ou de calquera tipo máis relevantes. As
formas adoptadas para a toponimia estranxeira xa foron explicadas con
anterioridade no ep ígrafe Traduccións,
Adaptacións, Transliteracións.
A
EGU incorpora mapas
dos 315 concellos galegos constituídos na data e das 53 comarcas
establecidas no Mapa Comarcal de Galicia aprobado polo Parlamento en 1997,
sendo a primeira publicaci ón non oficial que as recolle. Esta cartografía
foi elaborada ex profeso polo Departamento de Xeografía da Universidade de
Santiago de Compostela, cos últimos avances en canto a recollida de datos
e composición. A proxección empregada correspóndese coa Elipsoide
Internacional, Coordenadas UTM, Fuso 29, Datum Europeo 50.
Ademais,
inclúense mapas das comunidades autónomas do estado español, dos
continentes e dos principais estados do mundo, así como cartografía
temática, especialmente mapas económicos e históricos, co obxectivo de
ampliar ou concretar a información do texto.
A estreita
relación do home coa terra e a variedade de medios tanto mariños coma
terrestres que comprende Galicia deu lugar a un amplo patrimonio léxico
referido á natureza que constitúe, no seu conxunto, un dos corpus
culturais máis sobresaíntes da lingua galega. Neste sentido, un dos
obxectivos da EGU é
reflectir e manter este patrimonio.
Algúns dos nomes
comúns de seres vivos, que forman parte deste corpus, presentan gran
variedade de formas galegas vivas na fala, o que fac ía inviable un
tratamento particularizado de cada unha delas, polo que a
EGU resolveu escoller
unha forma central que contivese a descrición e a correspondencia
científica. A organización destes termos, relativos a animais e plantas,
etc, resultou dunha selección entre nomes presentes na realidade galega ou
como consecuencia dunha adaptación ou derivación de formas latinas ou
doutras linguas. Esta escolla, baseada en bibliografía especializada e en
traballos aínda inéditos, fíxose co asesoramento de recoñecidos
especialistas e cunha intención regularizadora, e sempre co obxectivo de
conservar a totalidade dos outros termos que, en calidade de sin ónimos ou
variantes, tamén ocupan un espacio na EGU.
Estas formas levan unha marca de envío ↪ ou
V (para non normativas), que serve para remitir ó lector á entrada
principal que contén a definición do concepto.
abeluria
s f PLANTA
↪
estraloque.
bilicroque
s f PLANTA
V estraloque.
estraloque
s m PLANTA (port: dedaleira; cast: dedalera;
ingl: foxglove) [Digitalis
purpurea, Fam das escrofulariáceas] Planta
herbácea de ata 200 cm...
Respecto á fauna
invertebrada están representadas na EGU as
distintas categorías taxonómicas ata o nivel de familia, no que se
escollen as máis destacadas; ademais, chégase ó nivel de especie nos casos
en que estea recollido un nome vulgar. Na fauna vertebrada, m áis
reducida, trátanse todas as especies de mamíferos, peixes, réptiles e
anfibios propios de Galicia e de aves, mesmo as migratorias pouco comúns.
A flora presenta
tamén unha ampla variedade de especies. Por esta razón, trátanse todos os
xéneros presentes en Galicia e dentro das especies as que son máis comúns
e as que, aínda que raras, son moi significativas.
En relación ás
especies de fauna e flora foráneas escóllense as que tradicionalmente se
consideraron de carácter universal.
Trátanse con
especial atención os ecosistemas e os espacios e parques naturais de
Galicia.
A
EGU segue o sistema
de clasificación dos seres vivos aceptado pola comunidade científica
baseado en dous criterios: nivel de organización e tipo de nutrición.
Neste sistema recoñécense tres niveis: procariota (reino Monera),
eucariótico unicelular (reino Protista) e eucariótico pluricelular, que se
subdivide segundo os tipos principais de nutrición: fotosíntese (reino
Planta), inxestión (reino Animal) e absorción (reino Fungo). Así, cando a
entrada corresponda a unha especie de ser vivo, a materia indicará o reino
ó que pertence.
As entradas de
animais, plantas, etc, levan o nome científico correspondente e a
indicación do grupo taxonómico ó que pertencen. Ó mesmo tempo, nas
entradas de categoría taxonómica faise referencia ás anteriores e
posteriores, de xeito que se poida establecer unha relación entre todas
que permita ir do xeral (flora, fauna) ó particular (especie) e viceversa.
As plantas, as
estructuras anatómicas, etc, trátanse segundo a súa importancia intrínseca
e definidas en función delas mesmas, onde se pon unha especial atención
naqueles aspectos que afectan ou interesan ó home.
Apéndice vermiforme,
por exemplo, é unha estructura presente en diversas especies animais que
se tratan dende un punto de vista anat ómico, fisiolóxico e evolutivo
antes de falar das consecuencias que na especie humana pode ter a s úa
inflamación; chegado o momento, isto si, dedícase unha atención especial a
este aspecto patolóxico. Do mesmo xeito, faise referencia ós usos
medicinais e ás propiedades máxicas que se lles atribúe a certas especies
de plantas, animais e fungos.
No tratamento dos
órganos, aparatos, sistemas, etc, do corpo humano, non se recollen
xeralmente as enfermidades que son subsceptibles de contraer, xa que se
considera que este aspecto, se ben interesante, é accidental por completo.
Cando se describen as doenzas exponse, por razóns semellantes, o cadro
clínico pero non se detalla a terapéutica con que son tratadas, a cal é
diferente segundo as escolas, tendencias, medios de que se dispón, etc;
aínda que nalgúns casos cumpra facer excepcións.
De entre os
músculos, ósos, nervios, arterias, etc; soamente teñen entrada
independente aqueles que posúen un nome de seu e unha importancia ben
significativa: aorta, tibia, bíceps, etc; os outros consígnanse á entrada
xeral arteria, óso, musculo, etc, xa no mesmo artigo, xa en cadros,
gráficos ou debuxos fóra do texto.
Nas ciencias e na
tecnoloxía, a EGU trata
de reflectir a importancia que estas cobraron na nosa civilización e ata
na vida cotiá e, xa que logo, incorpora numerosos termos. Establécese unha
selección –baseada sobre todo no interese principal de utilidade para o
lector– e, en principio, evítanse sinónimos en desuso, as palabras de
porvir incerto e as que teñen un interese demasiado limitado ou son
excesivamente abstractas e utilizadas unicamente polos especialistas,
principalmente cando non te ñen valor lexicográfico.
Os sales
metálicos, nos cales, en xeral, o metal conta máis có anión, teñen sempre
entrada polo nome do metal, mentres que os ésteres teñen entrada polo nome
do radical ácido, que, en xeral, determina moito máis có radical
alcohólico as propiedades da molécula.
Séguense as
normas internacionais sobre a nomenclatura química (IUPAC), previa á súa
adaptación ó galego, tal como se fai en todas as linguas. Tamén se
respectaron as normas internacionais sobre o nome e os símbolos das
unidades (Sistema Internacional de Unidades, SI) e así desígnanse coa
forma establecida internacionalmente. Ex: coulomb, joule, etc. En canto ó
nome e ós símbolos das magnitudes físicas, seguíronse as recomendacións da
comisión SUN da IUPAC.
Ás veces, a
extensión asignada a algunhas materias responde máis á súa importancia
potencial ca ó seu desenvolvemento presente, pero nestes casos a
EGU segue as
previsións universalmente aceptadas e prefire o risco do exceso, nalgún
caso específico, ó perigo de quedar obsoleto na maioría dos outros. No
campo da ciencia e da técnica procúrase especialmente completar o contido
do artigo coa ilustración correspondente (fotografía, debuxo, esquema).
No ámbito das
Ciencias Sociais, Humanidades e disciplinas afíns pártese da sólida base
que supón o coñecemento das obras fundamentais na conformación da nosa
tradición investigadora, ás que a EGU incorpora
as últimas tendencias no tratamento dos temas que aborda, así como
enfoques novidosos e análises ata o de agora inéditos en obras de
divulgación, procurando corresponder fielmente ó presente sen caer no
excesivo actualismo que prexudica a obra de compendio.
Dedícase axeitada
atención a disciplinas como antropoloxía, etnografía e etnoloxía,
arqueoloxía, arte e patrimonio cultural, filoloxía e lingüística,
paleografía e epigrafía, arquivística, heráldica, música, educación, etc.
A EGU pretende
que nos seus contidos aparezan tratados correctamente os aspectos da
cultura tradicional, tanto material (ex: artesan ía) como ideolóxica (lenda,
mitoloxía, etc) que constitúen o ser galego actual.
A
EGU dá conta de todos
os Bens de Interese Cultural (BIC) recollidos no inventario do Patrimonio
Cultural de Galicia, as í como dos monumentos do Camiño de Santiago, pola
relevancia que tivo a tradición xacobea para a conformación da nosa
cultura. Xunto a eles as artes da imaxe como fotografía, cine ou deseño
gráfico teñen tamén un espacio na EGU,
pola repercusión artística e social que na actualidade posúen. Igualmente,
o deporte, tanto polo seu papel na educación física coma nos espectáculos
e medios de comunicación figura cun tratamento axeitado.
Dentro do
xurídico, no que atinxe ó dereito privado, dáselle relevo ó galego,
mentres que o referente a outros aspectos remite ó dereito español en
vixencia, recorréndose á lexislación comparada cando convén a efectos de
claridade e precisión. Queda así mesmo reflectida a xurisprudencia
histórica galega, así como a interpretación dos seus aspectos máis
destacados. Numerosas voces que non pertencen á terminoloxía legal máis
propiamente dita presentan facetas importantes relacionadas coa
xurisprudencia (palabras como auga, monte ou patrimonio) que quedan
debidamente reflectidas na entrada correspondente.
As máis
importantes entidades financeiras e as empresas de maior volume de
negocios do mundo, as í como as correspondentes ó estado español, están
debidamente reseñadas conforme ós datos máis actualizados dos que se
dispón. As entidades de negocios e as denominacións empresariais galegas
son en calquera caso obxecto de especial consideración por parte da
EGU.
|