





|
| Atope a información que precise utilizando o buscador avanzado da EGU.ES, escriba a palabra que desexe e prema o botón ''Buscar'', a páxina encontrará toda a información contida nas máis de 200.000 entradas da EGU. Tamén poderá buscar partindo de entradas en portugués, castelán, inglés ou alemán picando debaixo do buscador no idioma correspondente. Graciñas.
. Facendo dobre click sobre calquera palabra da enciclopedia verá a súa definición mediante o digalego.com. | |
| |
 |
Entradas atopadas na EGU Online para a palabra ''xornal''
|
|  |
xornal 1 s m Cantidade de diñeiro que
recibe unha persoa como pagamento polo traballo dun día. xeira 2 s m Publicación que aparece a
intervalos regulares de tempo, xeralmente de forma diaria, e que contén a diario, periódico ... >>>
Xornal Diario PUBLIC Xornal publicado en Pontevedra entre 1991 e 1992. Dirixido por Javier Sánchez de Dios e, posteriormente, por Francisco López-Barxas, apostou pola información local e o carácter independente. A opinión e os suplementos monográficos caracterizaron esta publicación que se distribuíu exclusivamente na provincia de Pontevedra. ... >>>
Xornal Galinet PUBLIC Sociedade editora de prensa dixital e imprenta constituída na Coruña en 1999. Dirixida por Xosé Luís Gómez, promoveu a creación dos xornais electrónicos Xornal.com (1999), Xornal.es (2003) e Futbolsite.com (2003). Editou en papel o Xornal, a guía cultural gratuíta Xornal Coruña e tres xornais deportivos Futbolsite Depor, Futbolsite Celta e Fulbo ... >>>
Xornal.com PUBLIC Xornal electrónico publicado na Coruña a partir de 1999. Editado por Xornal Galinet, foi o primeiro diario dixital de Galicia. Dirixido por Bieito Rubido primeiro, e posteriormente por Antonio Sangiao, chegou a ter unha edición en papel. En 2003 ocupou o cuarto posto entre os xornais electrónicos galegos con case 10.000 visitas diarias. En 2004 a construtora San José adquiriu o control da editora ... >>>
xornaleiro -ra s Persoa que traballa por un soldo fixo cada día, especialmente se realiza labores do campo. braceiro ... >>>
xornalismo s m periodismo. ... >>>
xornalista s Persoa que se dedica ao xornalismo. ... >>>
xornalístico -ca adx Relativo ou pertencente ao xornalismo. ... >>>
Páxina 1 de 1
|
|