





|
| Atope a información que precise utilizando o buscador avanzado da EGU.ES, escriba a palabra que desexe e prema o botón ''Buscar'', a páxina encontrará toda a información contida nas máis de 200.000 entradas da EGU. Tamén poderá buscar partindo de entradas en portugués, castelán, inglés ou alemán picando debaixo do buscador no idioma correspondente. Graciñas.
. Facendo dobre click sobre calquera palabra da enciclopedia verá a súa definición mediante o digalego.com. | |
|
|
| pomba  (< lat v *palumba) | |
| 1 | ANIMAL/ORNIT
| |
1 | s f Nome común das aves da
familia dos colúmbidos, de coloración xeralmente cincenta ou parda, granívoras,
e de tamaño medio. |
| |
2 | pomba africana [cast: paloma de Guinea] [Columba guinea, Fam dos colúmbidos] Ave de entre 30 e 40 cm de lonxitude, de
plumaxe parda agrisada e de cola negra, ás con pintas brancas, cabeza máis
clara e ollo rodeado por un círculo vermello. É de orixe africana, pero
comercialízase ás veces para uso doméstico. |
| |
3 | pomba brava [cast: paloma bravía] [Columba livia, Fam dos colúmbidos] Ave de 33 cm de lonxitude, cun patrón de
coloración moi variable; xeralmente é de cor gris azulada con dúas franxas
negras nas ás, banda negra ao final da cola, e pescozo, peito e patas rosados.
Dela descende a pomba doméstica, que habita en xardíns e zonas urbanas. En
estado salvaxe, dáse en todo o S de Europa, e en España e Galicia é sedentaria.
Con todo, a doméstica é máis abondosa e pode atoparse en cantís e penedías.
Aliméntase principalmente de grans, pero tamén come moluscos pequenos e algas. |
| |
4 | pomba cristada australiana [cast: paloma antártica; ingl: Topknot Pigeon] [Lopholaimus antarticus, Fam dos colúmbidos] Ave
de entre 40 e 60 cm, de plumaxe agrisada, e cunha franxa branca na cola e outra
vermella desde o ollo ata a caluga. É natural de Australia, e vive en bosques
tropicais. |
| |
5 | pomba de Nicobar [Caloenas nicobarica, Fam dos colúmbidos] Ave de ata 40 cm, con longas plumas verde escura iridiscente rodeando o
pescozo, e cunha escrecencia negra na base do pico. Vive nas illas que rodean
Nova Guinea. |
| |
6 | pomba mensaxeira Pomba dedicada ao transporte de mensaxes desde
un lugar remoto ata o seu pombal. |
| |
7 | pomba paporrubia [Gallicolumba luzonica, Fam dos colúmbidos] Ave de ata 29 cm, coa plumaxe ventral branca e
cunha mancha vermella no peito e no pescozo. Aliméntase de froita e gran. É
común como ave de aviario. É natural de Filipinas. |
| |
8 | pomba plumífera branca Pomba doméstica, xeralmente de cor branca, que ten na cabeza unhas plumas
longas que lle caen polos lados. |
| |
9 | pomba rabibranca [Columba junoniae, Fam dos colúmbidos] Ave de 40 cm de lonxitude, de plumaxe roxa escura no ventre, e parda no dorso. Ten
no pescozo irisacións verdosas e a cola remata nunha franxa branca. É endémica
das Canarias, onde habita na laurisilva. |
| |
10 | pomba rabinegra [Columba bollii, Fam dos colúmbidos] Ave de plumaxe parda roxa no peito e cunha franxa escura na cola. É endémica
das Canarias, onde vive nos bosques de laurisilva. |
| |
11 | pomba vitoria [Goura vitoria, Fam dos colúmbidos] Ave
de ata 66 cm, de plumaxe azulada, cunha banda vermella no dorso e unha crista
na cabeza, coas puntas brancas. Natural de Nova Guinea, aliméntase de froitas. |
| |
12 | pomba zura [cast: paloma zurita] [Columba oenas, Fam dos colúmbidos] Ave de 33 cm de lonxitude, de plumaxe cincenta, e cos extremos das ás negras e
sen dimorfismo sexual. Vive nas fragas e aliméntase de sementes e pequenos
moluscos. Distribúese por case toda Europa, pero en Galicia non é moi abondosa
e pode verse como sedentaria no SO da rexión, onde vive formando pequenas
colonias. |
|
| 2 | s f Persoa bondadosa e de carácter afable. |
|
|


© 2008 Ir Indo Edicións. Todos os dereitos reservados.
|
| | 
 pombas
|
|