Usuario

Contrasinal
        














TERESA: Tumba de Pedro Froilaz, Conde de Traba en la Capilla de las Reliquias de la Catedral de Santiago de Compostela (28/06/2010 17:05)



O Deportivo e o Celta comenzaron a Liga, Pensa que obterán máis puntos que o ano pasado?
Si  71%
Non  29%




   GALICIA        SÍMBOLOS    LINGUA    INSTITUCIÓNS    CONCELLOS    TURISMO E OCIO

Atope a información que precise utilizando o buscador avanzado da EGU.ES, escriba a palabra que desexe e prema o botón ''Buscar'', a páxina encontrará toda a información contida nas máis de 200.000 entradas da EGU. Tamén poderá buscar partindo de entradas en portugués, castelán, inglés ou alemán picando debaixo do buscador no idioma correspondente. Graciñas.
. Facendo dobre click sobre calquera palabra da enciclopedia verá a súa definición mediante o digalego.com.


Comeza con En toda a entrada En todo o contido
Portugués    Castelán              Inglés        







Anteriores.  Seguintes.     Imprimir a entrada.  Mandar a entrada por mail.  Escoitar a entrada, software por cortesia de Verbio (www.verbio.com).  
porta      
(< lat pŏrta)

1
      1 s f Abertura feita ou deixada expresamente nunha parede, reixa, valado, ou noutro lugar, desde o chan ata unha altura conveniente, que permite entrar e saír.
      2 s f Abertura de acceso a un lugar.
      3 s f Abertura dun forno de panadeiro, de oleiro, de vidreiro ou doutro artesán, pola que se enforna e desenforna e a través da que se efectúan outras operacións propias dun forno.
      4 porta carreteira Porta grande dunha casa de labranza, que permitía o paso do carro.
      5 porta de entrada CONSTR Acceso principal dunha cidade ou dun edificio. Primitivo medio de defensa, as portas fortificadas dos castelos e cidades medievais protexíanse coa ponte levadiza, por torres de ángulo e galerías secretas. OBS: Tamén se denomina porta.
      6 porta do perdón / CONSTR/RELIX Porta aberta nun lateral dalgunhas catedrais, normalmente cara a occidente, onde os fieis poden gañar indulxencias ao entrar por ela. Destaca a da catedral de Granada (s XVI).
      7 porta falsa CONSTR Porta situada na parte traseira ou lateral dun edificio e que non é a principal.
      8 porta santa / CONSTR/RELIX Porta que hai nas basílicas maiores romanas e nalgunha outra basílica da cristiandade, como a catedral de Santiago de Compostela, situada nalgúns casos ao lado da porta principal de ingreso, e que se abre solemnemente en ocasión do xubileu ou Ano Santo, na vixilia de Nadal, e se pecha solemnemente na mesma data do ano seguinte. OBS: En Santiago de Compostela tamén se denomina porta do perdón e está na praza da Quintana; dá acceso ao deambulatorio.
      9 porta triunfal / ARTE/CONSTR Porta illada monumental, de carácter conmemorativo, que ten forma de arco de triunfo.

2 s f CONSTR
      1 Peza móbil, xeralmente plana, de madeira, ferro, vidro ou outra materia sólida, que, adaptada a unha abertura, a pecha ou permite o paso por ela, ao ser accionada manual, mecanicamente ou automaticamente ao xirar ao redor dun eixe contido no plano da parede, do cerrado, etc, ou ao correr paralelamente ao muro, etc. As portas tradicionais, xiran arredor dun eixe vertical constituído polos elementos que as fixan á abertura (as bisagras suxeitas ao marco ou os gonzos fixados á xamba); poden cubrir toda a abertura cunha soa peza (porta dunha folla ou dun batente) ou ben constar de dúas pezas (porta de dúas follas ou de dous batentes), poden ser macizas de diferentes materiais e poden dar acceso a unha casa, a un cuarto, a outra estancia ou a un balcón (porta balconeira). Adoitan ser accionabas nun só sentido (cara a dentro ou cara a fóra) ou nos dous (portas de folla oscilante). As portas grandes, especialmente as que tiñan que permitir o paso de carruaxes ou de automóbiles, estaban constituídas por varias pezas planas articuladas entre elas con bisagras (porta composta), que eventualmente podían ser pregadas unhas sobre as outras (porta de libro), ou ben por unha ou máis pezas desprazables lateralmente dentro dunha guías (porta corrediza), que eventualmente podían quedar ocultas, ao abrilas, dentro dun aloxamento especialmente practicado na parede; estas portas foron substituídas por portas metálicas enrolables, ou por portas basculantes de eixe de xiro horizontal (portas basculantes) ou compostas por dúas ou máis seccións articuladas, de eixes tamén horizontais (portas articuladas ou seccionais). A maioría son accionadas por un motor con mando por control remoto. Algúns locais públicos teñen portas xiratorias, formadas catro pezas planas con vidro, fixadas radialmente a un eixe vertical formando ángulos rectos; estas portas xiran ao empurralas dentro dun oco cilíndrico con dúas aberturas diametralmente opostas, o eixe da cal era o eixe de rotación da porta, ao que están soldadas as pezas que a constitúen. Estas portas foron substituídas por portas automáticas, de vidro, accionadas ben ao cruzar unha persoa, un vehículo, ou calquera outra cousa, o feixe luminoso dunha célula fotoeléctrica, ben pola presión exercida sobre unha plataforma, ao pasar unha persoa; as portas automáticas poden ser de superficie plana ou cilíndrica, e as de superficie plana poden ser de follas ou corredizas. Na industria empréganse portas flexibles de materiais plásticos. Os locais de espectáculos teñen que dispoñer obrigatoriamente dunha ou máis portas, segundo a súa natureza construtiva e segundo a súa cabida, chamadas portas de emerxencia, que han de estar dotadas con dispositivos antipánico para permitir unha rápida saída en caso de necesidade ou de perigo, por exemplo en caso de incendio.
      2 Peza de madeira ou doutra materia sólida destinada a tapar ou a interceptar algunha cousa.

3 s f
      1 Lugar por onde se accede a un sitio. SIN: acceso, entrada
      2 Momento, espazo ou tempo que dá inicio a algo.

4 HIST
      1 s f Residencia e despacho de soberanos e ministros no Imperio Otomán. A denominación derivaba do costume de administrar xustiza na porta da tenda ou do palacio. A porta por excelencia era a Sublime Porta.
      2 porta de ouro Corte dos reis aqueménidas en Persia.

5 s f DEP portaría.

6 s f XEOG Desfiladeiro longo entre montañas que permite unha pasaxe cómoda. Son coñecidas a porta de Aquitania, situada entre Cevenes e os Pireneos e que comunica o Mediterráneo co Atlántico; as portas do Caspio ou de Sirdāra, no altiplano de Irán; as portas de Cilicia, nas montañas de Amanos, perto do golfo de Iskenderun; e as portas de Ferro, entre os Alpes de Transilvania e os Balcáns, e por onde pasa o Danubio.

7 FÍS
      1 s f Eléctrodo auxiliar de certos dispositivos electrónicos semicondutores, como por exemplo tiristores, transistores de efecto de campo, etc, destinado a controlar ou disparar o dispositivo.
      2 porta lóxica Circuíto lóxico cunha ou máis entradas e unha saída, que unicamente permite o paso do sinal cara á saída se se cumprisen certas condicións fixadas previamente.

8 falsa porta ARTE Estela exipcia de carácter funerario que simboliza a comunicación entre o mundo dos vivos e o dos mortos, e que adoitaba situarse nas mastabas imitando unha porta.

9 sistema porta ZOOL Sistema especial de comunicación venosa entre órganos, que se compón dunhas ramas que forman un tronco que, despois, se volve a dividir en ramas terminais.

10 vea porta ZOOL Vea que se forma no extremo do páncreas pola unión das veas mesentéricas superior e inferior coa esplénica; acaba no fígado por medio de dúas ramas que despois se subdividen.
Fraseoloxia: A porta aberta loc adv De maneira pública. A porta cerrada/pechada loc adv De maneira secreta. Ás portas. Moi próximo a algo. Bater/Chamar á porta (de alguén) (ou a todas as portas). Solicitar a axuda de alguén ou de todos. Deixar unha porta aberta. Deixar unha posibilidade. De portas a dentro loc adv Na intimidade. De portas a fóra loc adv De cara ao exterior. Pecharlle (a alguén) todas as portas. Negarlle a algúen toda axuda. .




Voltar     Ir o inicio     Acceder a version móbil     Axuda     Abreviaturas do dicionario     Atopar a entrada no google

© 2008 Ir Indo Edicións. Todos os dereitos reservados.
      


porta santa da Catedral de Santiago de Compostela




Traballo etnográfico sobre as portas de Galicia