Usuario

Contrasinal
        














TERESA: Tumba de Pedro Froilaz, Conde de Traba en la Capilla de las Reliquias de la Catedral de Santiago de Compostela (28/06/2010 17:05)



O Deportivo e o Celta comenzaron a Liga, Pensa que obterán máis puntos que o ano pasado?
Si  71%
Non  29%




   GALICIA        SÍMBOLOS    LINGUA    INSTITUCIÓNS    CONCELLOS    TURISMO E OCIO

Atope a información que precise utilizando o buscador avanzado da EGU.ES, escriba a palabra que desexe e prema o botón ''Buscar'', a páxina encontrará toda a información contida nas máis de 200.000 entradas da EGU. Tamén poderá buscar partindo de entradas en portugués, castelán, inglés ou alemán picando debaixo do buscador no idioma correspondente. Graciñas.
. Facendo dobre click sobre calquera palabra da enciclopedia verá a súa definición mediante o digalego.com.


Comeza con En toda a entrada En todo o contido
Portugués    Castelán              Inglés        







Anteriores.  Seguintes.     Imprimir a entrada.  Mandar a entrada por mail.  Escoitar a entrada, software por cortesia de Verbio (www.verbio.com).  
pulmón      
(< lat pulmōne < gr πνεύμων)

    port:pulmão     cast: pulmón     ingl: lung

1 s m ZOOL Cada un dos sacos cegos que, xeralmente en número de dous, se localizan no interior da maior parte dos anfibios e en todos os réptiles, aves e mamíferos, con función respiratoria, aínda que por extensión tamén se denomina así a outros órganos de misión respiratoria, pero de orixe ou constitución diferente, como é o caso dos órganos dalgúns moluscos gasterópodos terrestres, a filotraquea, tamén coñecida como pulmón en libro, dos arácnidos, e, con máis propiedade, ás vexigas natatorias modificadas polos peixes dipnoos. Os verdadeiros pulmóns son os dos vertebrados tetrápodos. Os dos anfibios adultos son moi simples e levan a termo o intercambio gasoso xunto coa pel do corpo e a da boca e a farinxe. Os movementos respiratorios nos anfibios mediante a subida ou baixada da base da boca, provoca a entrada ou a saída de aire nos pulmóns. Nalgúns réptiles e nas aves, á parte dos movementos laterais, xa hai unha especie de diafragma. Nas aves, ademais, existen os sacos aéreos, cavidades que, conectadas cos pulmóns, permiten unha maior capacidade de intercambio gasoso, posto que fan que o aire percorra un camiño máis longo tanto de saída como de entrada. Nos mamíferos alcanzan maior grao de complicación e os movementos respiratorios efectúanos o diafragma, os músculos intercostais e, nalgúns casos, os músculos abdominais. CFR: boche, bocho, bofe, bucho, 1 livián.

2 pulmón artificial/de aceiro/de ferro MED Aparato para manter a respiración artificial durante un tempo prolongado.




Voltar     Ir o inicio     Acceder a version móbil     Axuda     Abreviaturas do dicionario     Atopar a entrada no google

© 2008 Ir Indo Edicións. Todos os dereitos reservados.
      


Debuxo esquemático das partes de cada pulmón