





|
| Atope a información que precise utilizando o buscador avanzado da EGU.ES, escriba a palabra que desexe e prema o botón ''Buscar'', a páxina encontrará toda a información contida nas máis de 200.000 entradas da EGU. Tamén poderá buscar partindo de entradas en portugués, castelán, inglés ou alemán picando debaixo do buscador no idioma correspondente. Graciñas.
. Facendo dobre click sobre calquera palabra da enciclopedia verá a súa definición mediante o digalego.com. | |
|
|
| Real Club Deportivo de La Coruña  | |
| | Escudo do Real Club Deportivo de La Coruña | Club de fútbol fundado en decembro de 1906 na Coruña que tivo como precedente o Club Deportivo de la Sala Calvet. Viste camiseta branca e azul a raias verticais e pantalón azul, e xoga os seus partidos como local no Estadio Municipal de Riazor, fundado en 1944. Coa creación da Liga española na tempada 1928-1929 pasou a Segunda División. Debutou en Primeira División na tempada 1942-1943 e conseguiu o subcampionato na campaña 1949-1950 e na que conseguiu algúns dos mellores resultados da súa historia. Durante a década de 1960 militou alternativamente en Primeira e Segunda ata que, despois dunha serie de atrancos deportivos e económicos, descendeu a Terceira División (1973-1974). Coa chegada á presidencia de Augusto César Lendoiro o equipo renovouse e conseguiuse o ascenso a Primeira en 1990. Entre 1992 e 1993 converteuse en Sociedade Anónima Deportiva e, coa incorporación de diversos xogadores de renome e tras a consecución de diversos éxitos deportivos, foi coñecido como “SúperDepor”. Xogou máis de 30 tempadas en Primeira División e acadou unha Liga (1999-2000), dúas Copas do Rei (1995 e 2002) e tres Supercopas de España (1995, 2000 e 2002). |


© 2008 Ir Indo Edicións. Todos os dereitos reservados.
|
| 
 Aliñación do ano 1955 do Real Club Deportivo de La Coruña


Himno oficial do Real Clube Deportivo Da Coruña
|
| |
|
|
|