





|
| Atope a información que precise utilizando o buscador avanzado da EGU.ES, escriba a palabra que desexe e prema o botón ''Buscar'', a páxina encontrará toda a información contida nas máis de 200.000 entradas da EGU. Tamén poderá buscar partindo de entradas en portugués, castelán, inglés ou alemán picando debaixo do buscador no idioma correspondente. Graciñas.
. Facendo dobre click sobre calquera palabra da enciclopedia verá a súa definición mediante o digalego.com. | |
|
|
| uva  (<
lat ūva) | |
| 1 | s f PLANTA Froita comestible da vide (Vitis vinifera), que medra
agrupada con outras formando acios. Pode ser de diversas cores (abrancazada,
amarela cérea, verde, rosada, violácea ou case negra) e está formada por unha
pel relativamente grosa, a polpa, e as sementes. A uva, da que hai moi diversas
clases en Galicia, denomínase segundo a variedade, o uso ao que está destinada,
o aspecto do gran, e mesmo segundo a bisbarra, e pode ser clasificada como uva
de mesa (destinada a ser consumida fresca), uva pasa (que se trata para obter
pasas) e uva de viño. Da uva obtéñense xeleas e preparados a partir do mosto.
En Galicia as uvas empréganse fundamentalmente para facer viño e existe un
número importante de variedades, entre as que destacan a treixadura, caíño,
albariño, mencía ou godello. Tamén se obtén dela outro tipo de produtos,
alcohólicos ou non, como a augardente ou o mosto, que resulta da primeira
prensadura da uva. |
| 2 | s f BOT Froito doutras plantas semellante ao froito da vide. |
| 3 | PLANTA
| |
1 | uva dos tintureiros herba carmín. |
| |
2 | uvas de can [port: norça-preta, uva de cão; cast: brionia negra, nueza negra; ingl: black bryony] [Tamus communis, Fam das dioscoreáceas] Planta herbácea perenne, rubideria, de talos delgados de 2-4 mm e sen
ramificar. As follas son enteiras, pecioladas e cordiformes, de cor verde
amarelada, as flores dispóñense en acios e os froitos son de cor vermella e
glabros. Atópase en bosques e matos por todo o S e o O de Europa. Florece entre
abril e xullo, e os froitos son velenosos. OBS: Tamén se denomina
nouza negra. |
| |
3 | uvas de lagarto/de raposa herba do lagarto. |
|
|
|
|
Fraseoloxia:
|
Estimar a uva por encima da hostia. Embebedarse
. |


© 2008 Ir Indo Edicións. Todos os dereitos reservados.
|
| | 
 Acios de uvas
|
|