





|
| Atope a información que precise utilizando o buscador avanzado da EGU.ES, escriba a palabra que desexe e prema o botón ''Buscar'', a páxina encontrará toda a información contida nas máis de 200.000 entradas da EGU. Tamén poderá buscar partindo de entradas en portugués, castelán, inglés ou alemán picando debaixo do buscador no idioma correspondente. Graciñas.
. Facendo dobre click sobre calquera palabra da enciclopedia verá a súa definición mediante o digalego.com. | |
|
|
| Vázquez Contreras, Benito  (Cartelle 8-3-1947) | |
| | Torri, planimetri e rame (1996), obra de Benito Vázquez Contreras | Artista plástico. Coñecido como Nito Contreras, formou parte do grupo musical Folk Cantigas (1968-1971) e en 1971 trasladouse a Roma para finalizar os estudos de filosofía na Universitá Gregoriana onde se licenciou en 1973. Alí comezou a súa formación artística que o levou á práctica da pintura mural na que evolucionou desde a figuración á abstracción ata chegar a tridimensionalidade. Participou dalgúns dos grupos artísticos alternativos que se desenvolveron en Roma nos anos oitenta, como Magazzini Generali, e foi un dos fundadores da revista Altrimmagine (1986). A finais desa década interesouse pola creación escultórica despois de participar en Borderland (1988), o encontro de artistas europeos de Praga (1990) ou no proxecto itinerante Volkerwanderung, que percorreu os circuítos artísticos de Alemaña. A súa obra escultórica céntrase na creación de formas simbólicas, nas que emprega materiais industriais ou de refugallo, baseadas nas formas primitivas que toma da súa terra. Destacan Mar de Vigo (1985), Espazo crómlech (1994), Torre observatorio (1996), Nementon (1996) e Aliñación (2000). |


© 2008 Ir Indo Edicións. Todos os dereitos reservados.
|
| 
 Nemeton in Tevere rame (2001), obra de Benito Vázquez Contreras
 Strattolibro (2001), obra de Benito Vázquez Contreras
 Obra de Benito Vázquez Contreras
 Porta (1990), obra de Benito Vázquez Contreras


Nito Contreras
|
| |
|
|
|