





|
| Atope a información que precise utilizando o buscador avanzado da EGU.ES, escriba a palabra que desexe e prema o botón ''Buscar'', a páxina encontrará toda a información contida nas máis de 200.000 entradas da EGU. Tamén poderá buscar partindo de entradas en portugués, castelán, inglés ou alemán picando debaixo do buscador no idioma correspondente. Graciñas.
. Facendo dobre click sobre calquera palabra da enciclopedia verá a súa definición mediante o digalego.com. | |
|
|
| Arzúa  | | | Extensión: 155 Km2 | | Poboación: 6529 H | | Densidade de Poboación: 42,12 H / Km2 | | Comarca: Arzúa | | Provincia: Coruña, A |
|  |
Concello que dá nome á comarca da Arzúa, situado na provincia de Lugo no centro da Comunidade Autónoma (42° 55’ latitude N e 8° 09’ lonxitude O). Limita ao N cos concellos de Frades (Terra de Ordes) e Boimorto, ao O cos do Pino e Touro, todos eles da comarca de Arzúa, ao S cos da Vila de Cruces (comarca do Deza) e Santiso (Terra de Melide) e ao L co de Melide, tamén de Arzúa. Abrangue unha superficie de 155,43 km e cunha poboación de 6.529 h (2007), distribuída nas parroquias de Arzúa, Boente, Brandeso, Branzá, Burres, Campo, A Castañeda, Dodro, Dombodán, Figueiroa, Lema, Maroxo, A Mella, Oíns, Pantiñobre, Rendal, San Martiño de Calvos de Sobrecamiño, Santa María de Arzúa, Tronceda, Viladavil, Vilantime e Viñós. A capital municipal é o núcleo urbano da parroquia de Santiago de Arzúa. Situado a, a 39 km de Santiago de Compostela, 68 km de Lugo e 75 km da Coruña, é cabeza de partido xudicial. Pertence á arquidiocese de Santiago de Compostela, agás as do arciprestado de Abeancos que pertencen á diocese de Lugo.
Mapa de parroquias de Arzúa

|
| TOTAL |
141 km2 |
6529 h |
46.3 h/km2 |
246 |
|
|
|
|
|
Arzúa dende o ceo
Ver mapa mais grande
|


© 2008 Ir Indo Edicións. Todos os dereitos reservados.
|
|
 Santa María de Arzúa Arzúa Boente Brandeso Branzá Burres San Martiño de Calvos de Sobrecamiño Campo Castañeda, A Dodro Dombodán Figueiroa Lema Maroxo Mella, A Oíns Pantiñobre Rendal Tronceda Viladavil Vilantime Viñós

|
| |
|
|
|