





|
| Atope a información que precise utilizando o buscador avanzado da EGU.ES, escriba a palabra que desexe e prema o botón ''Buscar'', a páxina encontrará toda a información contida nas máis de 200.000 entradas da EGU. Tamén poderá buscar partindo de entradas en portugués, castelán, inglés ou alemán picando debaixo do buscador no idioma correspondente. Graciñas.
. Facendo dobre click sobre calquera palabra da enciclopedia verá a súa definición mediante o digalego.com. | |
|
|
| camiño  (< lat v cammīnu) | |
| 1 |
| |
1 | s m Calquera tipo de vía que se
constrúe para enlazar un lugar con outro. Na tradición oral recóllense ditos
como: “Camiño de Roma, nin mula coxa nin bulsa frouxa. Cando no camiño hai
carro, untalo carro. Nin por rodeo nin por atallo deixes o camiño de carro. No
camiño de Santiago, tanto anda o coxo como o sano. O camiño da boca ninguén o
equivoca. No camiño francés venden gato por res. O que está no camiño é do
veciño. Pra andar camiño, leva pan e viño. Quen sementa no camiño, cansa os
bois e perde o trigo”. |
| |
2 | s m Franxa de terreo para
transitar dun lugar a outro. En Galicia, como en toda Europa, existían camiños
moi primitivos que deberon ser ensanchados e arranxados polos pobos prerromanos
ó introducirse o carro. Os colonizadores romanos contruíron as calzadas sobre
estes camiños ou trazáronos de novo segundo as necesidades da estratexia
militar (vía romana). Utilizados durante a Idade Media, o seu trazado aínda
persiste esencialmente nas actuais vías de comuni-cación. Non foi ata o último
tercio do s XVIII cando se iniciou o establecemento de novas rutas xerais de
comunicación (estrada). Os camiños poden ser creados xuridicamente polo uso
continuado durante un prazo de tempo ou pola acción da administración pública.
En certas situacións as leis dan dereito a esixir o establecemento dun camiño
en beneficio de predios incomunicados para acceder a bens de dominio público
(praza, estrada, etc). No dereito romano clásico o camiño chamábase
iter cando só era apto para pasar a pé ou en liteira;
actus cando o era para pasar en cabalería ou mula;
via se se podía pasar e transportar algunha cousa a pé, en
carruaxe ou en cabalería; strata se o camiño estaba afirmado
con lousas de pedra ou con grava; aditus cando o
iter pasaba por unha canella entre edificios. |
| |
3 | camiño cuberto BÉL Nas fortificacións permanentes, espazo de tránsito e vixilancia que rodea e
defende o foso, cunha banqueta ó longo, desde onde a gornición pode disparar
por enriba do glacis, que lle serve de parapeto. |
| |
4 | camiño de a pé Camiño polo que só se pode andar. |
| |
5 | camiño de cabras/camiño raposeiro Camiño polo que é difícil transitar. |
| |
6 | ca-miño de carro Camiño feito cunha anchura suficiente para que poida pasar un carro. |
| |
7 | camiño de cintura Camiño de flanco que segue o contorno dunha montaña. |
| |
8 | camiño de cume Camiño que percorre o cumio dunha liña de crista orográfica sen evitar xeralmente
os promontorios. |
| |
9 | camiño de desfiladeiro Camiño que aproveita o desfiladeiro dun río,
aberto a miúdo na rocha ou mediante a construción de muros e pontes. |
| |
10 | camiño de ferradura Camiño que permite o paso de animais de ferradura cargados con angarellas e
arreos, pero non o paso dos carros. Equivale ó actus romano. |
| |
11 | camiño de ferro Vía de comunicación con carrís de ferro
paralelos pola que circulan os trens. SIN: ferrocarril, ferrovía |
| |
12 | camiño de flanco Camiño
sen desniveis que pasa pola parte media da ladeira dun val ou dunha montaña. |
| |
13 | camiño de paso/camiño de servidume/camiño alleo Camiño que debe deixar o propietario dun campo
para darlle paso a outro que carece de acceso directo á súa propiedade. |
| |
14 | camiño de rego Camiño que bordea todo o longo dun rego, xeralmente cun dos seus bordos
endurecidos. |
| |
15 | camiño de rolda BÉL Corredor exterior, normalmente resgardado por
un peitoril, que percorre a parte alta dunha muralla. |
| |
16 | camiño de sacramentos/camiño sacramental/camiño de vivos e mortos RELIX Camiño utilizado para ir administrar os
auxilios espirituais para a condución de defuntos nos enterros ou nas antigas
procesións rurais. |
| |
17 | camiño de sirga Camiño que bordea un río e que se utiliza para
mover as embarcacións puxando delas dende a terra. |
| |
18 | camiño fondo Camiño propio das chairas, que aparece artificiosamente afundido no terreo para
salvar un desnivel, encaixado entre marxes que cobren un home a cabalo, de
xeito que aquel que o transita non se ve desde a superficie do campo que
percorre. |
| |
19 | camiño forestal Camiño construído para a conservación e a
explotación de bosques. |
| |
20 | camiño privado Camiño aberto para o uso e o servicio
exclusivo de particulares. |
| |
21 | camiño público Camiño de uso público. |
| |
22 | camiño real Camiño público, o máis importante antes da construción das estradas, utilizado
para as comunicacións xerais e de máis tránsito. |
| |
23 | camiño ribeirego Camiño que segue a beira dunha corrente fluvial. Pode ser unha simple senda, un
camiño de ferradura ou un camiño de carro. |
| |
24 | camiño veciñal Camiño construído e conservado a expensas do municipio con subvención estatal
ou das deputacións provinciais, ou ben totalmente ó seu cargo, aínda que o
concello pode facer repartos entre os veciños. O camiño tamén pode ser obra
dunha comunidade de veciños ou dos propietarios dunhas terras. |
|
| 2 |
| |
1 | s m Percorrido que fai ou ten
que facer unha persoa ou unha cousa para ir dun lugar a outro determinado. |
| |
2 | camiño crítico Nunha programación feita mediante un gráfico
ou rede do tipo PERT, Roy, etc, liña que seguen as diferentes fases dun proceso
de produción que non teñen ningunha marxe nas datas de comezo e de remate. O
acurtamento ou alongamento do tempo prescrito para calquera destas fases
comporta un acurtamento ou un alongamento do prazo final de toda a produción. |
| |
3 | camiño óptico [L] FÍS Nun medio homoxéneo e isótropo, de índice de
refracción n, produto da distancia xeométrica
s que separa dous puntos dun mesmo raio luminoso polo índice
de rafracción n: L=ns.
Pode ser interpretado como a distancia que percorrería a luz no baleiro, nun
tempo igual ó tempo que tardou en percorrer a traxectoria no medio real. |
|
| 3 | s m Acción de percorrer o espazo que leva dun
lugar a outro. Ex:
Todos os días fai o mesmo camiño para ir á oficina. |
| 4 | s m Percorrido dunha cousa en movemento. Ex: O Sil atravesa tres provincias no seu
camiño. |
| 5 | s m Xeito de obrar para conseguir algo. Ex: Sempre lle advertiron que o camiño que
seguía non era o mellor para acadar o triunfo. |
| 6 | s m Actividade ou modo de vida que escolle unha
persoa. Ex:
A súa humanidade conduciuna ó camiño da medicina. Elixiu o camiño da revolución
para calmar o seu desacougo interno. |
|
|


© 2008 Ir Indo Edicións. Todos os dereitos reservados.
|
| | 
 camiño
 camiño de ferro


Canto de Andar (Luar Na Lubre)
|
|