





|
| Atope a información que precise utilizando o buscador avanzado da EGU.ES, escriba a palabra que desexe e prema o botón ''Buscar'', a páxina encontrará toda a información contida nas máis de 200.000 entradas da EGU. Tamén poderá buscar partindo de entradas en portugués, castelán, inglés ou alemán picando debaixo do buscador no idioma correspondente. Graciñas.
. Facendo dobre click sobre calquera palabra da enciclopedia verá a súa definición mediante o digalego.com. | |
|
|
| día  (< lat dĭe) |     port:dia     cast: día     ingl: day |
| 1 | s m ASTRON
| |
1 | Intervalo de tempo que tarda a Terra en dar
unha volta sobre o seu eixe. Desde a Antigüidade, empregouse como a unidade
básica de tempo. Os romanos dividírono en doce horas iguais repartidas en
ciclos de tres horas: prima, tercia, sexta e nona. Entre os xudeus, o día
comezaba ó anoitecer, segundo as normas bíblicas. Co establecemento da teoría
heliocéntrica de Copérnico, relacionouse coa rotación da Terra. Para determinar
o intervalo de tempo que a Terra necesita para facer unha revolución completa,
emprégase como referencia o paso dun astro polo meridiano dun lugar e defínese
como o intervalo de tempo que transcorre entre dúas pasadas consecutivas do astro
polo meridiano. Se este astro é o Sol, o resultado é o día solar
verdadeiro. Este tempo, sen embargo, non coincide exactamente co da
rotación da Terra; ademais, a duración do día solar verdadeiro non é sempre a
mesma. Co fin de resolver este inconveniente, defínese un astro fiticio, o
Sol medio, que se move cunha velocidade uniforme e coincide
unha vez ó ano e nunha determinada posición co Sol verdadeiro. O día
solar medio defínese como o intervalo de tempo que transcorre entre
dúas pasadas consecutivas deste astro polo meridiano dun lugar, o día
sideral como o intervalo de tempo que transcorre entre dúas pasadas
consecutivas dunha estrela afastada polo meridiano dun lugar e o día
sidéreo como o intervalo de tempo transcorrido entre dúas pasadas
consecutivas do punto Aries ou vernal (intersección do ecuador coa eclíptica)
polo meridiano do lugar. Cada un dos días mencionados divídese en 24 horas,
cada hora en 60 minutos e cada minuto en 60 segundos. O día e as outras subunidades
que se empregan na vida ordinaria, ou sexa, o denominado tempo civil,
corresponden ó día solar
medio. Os astrónomos acordaron que o día comeza a partir da
culminación superior da referencia considerada, ou sexa o Sol ou o punto
vernal. Para usos civís, considérase que o día comeza cando o astro chega á súa
culminación inferior, é dicir, no caso do Sol, á medianoite. |
| |
2 | Espacio de tempo que emprega un astro en dar unha volta completa sobre o seu
eixe. |
|
| 2 |
| |
1 | s m Duración dun día solar que
comeza na medianoite e comprende vinte e catro horas. Na tradición oral recóllense
ditos como: “A tres días de alegrías, trinta días de agonías. A pan de quince
días, fame de tres semanas. Cada día que pase aprenderás algo novo”. |
| |
2 | s m Data na que se conmemora
algún acontecemento. SIN: festividade |
| |
3 | día de ano novo Primeiro día do ano, o 1 de xaneiro. |
| |
4 | día de ano vello Derradeiro día do ano, o 31 de decembro. |
| |
5 | día de cotío/de labor/de traballo/laborable/solto Día de traballo, non festivo. |
| |
6 | día de defuntos Día
no que se lembran os familiares falecidos, o 2 de novembro. |
| |
7 | día de festa/feriado/santo Día, sen ser domingo, no que non se traballa por celebrarse unha festa ou por
conmemorarse un acontecemento. |
| |
8 | día de Nadal Día da Natividade do Señor, o 25 de decembro. |
| |
9 | día de precepto Domingo, e outros días, nos que a Igrexa católica conmemora algunha solemnidade
litúrxica abondo importante para demandar dos fieis a participación na
Eucaristía. |
| |
10 | día de Reis Día da Epifanía do Señor, o 6 de xaneiro. |
| |
11 | día de todos os Santos O 1
de novembro. |
| |
12 | día de tribunais Día no que antigamente se daba audiencia
xudicial, se abrían os tribunais e se presentaban os xuíces e ministros. |
| |
13 | día de vixilia Día
no que, por precepto relixioso, non se poden satisfacer certos apetitos, como,
por exemplo, comer carne. Para os cristiáns, á parte das vésperas doutras
festas litúrxicas, comprendía toda a Coresma, pero tralo Concilio Vaticano II a
vixilia coresmal quedou restrinxida exclusivamente ós venres. |
| |
14 | día de xaxún Día
no que está prohibido tomar alimentos. |
| |
15 | día do Señor Día
que se consagra ó culto divino. Para os cristiáns é o domingo. |
| |
16 | día do Señor Expresión bíblica empregada polos profetas para indicar os tempos mesiánicos ou
o día do xuízo no final dos tempos. |
| |
17 | día do Xuízo Expresión que designa o momento despois da morte no que, segundo a cosmogonía
cristiá, Deus xulgará as almas. |
| |
18 | día do Xuízo Día da manifestación de Xesucristo ó final da historia. |
| |
19 | día eclesiástico Día
que, polo culto eclesiástico, se conta de medianoite a medianoite, se ben a
celebración do domingo e das solemnidades comeza xa á hora da vixilia do día
precedente. |
| |
20 | día hábil Día no que se poden practicar actuacións xudiciais ou administrativas. No
dereito administrativo, se as normas de procedemento non especifican nada,
enténdense hábiles todos os días agás os domingos e festivos. No período de
instrución sumarial e nos procedementos de xurisdición voluntaria,
considéranse hábiles todos os días do ano. |
| |
21 | día inhábil Día
no que está suspendido o traballo nos xulgados e tribunais e no que, polo
tanto, non se poden realizar actuacións administrativas por ser domingo ou
festivo para efectos laborais nas respectivas comunidades autónomas ou
localidades. Para as actuacións nas causas criminais non hai días inhábiles. |
| |
22 | día intercalar Día que se engade ó final do mes de febreiro
nos anos bisestos. |
| |
23 | día lectivo Día no que se dá clase nos centros de ensino. |
| |
24 | día natural Calquera dos 365 días do ano (366 nos bisestos) que para os efectos
administrativos poden ser hábiles ou inhábiles. | |
| 3 | s m Tempo que dura a claridade do sol. Na
tradición oral recóllense ditos como: “Polo San Matías tan longas son as noites
como son os días. O traballar é de xente de mal vivir, pois o día fíxose para
descansar e a noite para durmir. Non hai día sen noite nin noite sen día”. ANT: noite. Ex: Os vampiros non
saen de día. |
| 4 |
| |
1 | s m Tempo atmosférico, referido
a un día determinado. Na tradición oral recóllense ditos como: “O bo día, méteo
na casa. O bo día ábrelle a porta e ó malo enferróllalla”. |
| |
2 | día morriñento Día escuro e con nubes. | |
| 5 | s m Momento, ocasión ou oportunidade para a
realización de algo. Na tradición oral recóllense ditos como: “Día virá que o
que hoxe canta, chorará. Día virá que teña peras o meu peral. Algún día será
festa e será Pascua. O luns mollo, o martes lavo, o mércores seco, o xoves
saco, o venres peneiro, o sábado amaso e o domingo, que eu fiaría, todos me din
que xa non é día”. |
| 6 | s m pl Vida. Ex: Foi acabar os seus días a
Francia. |
| 7 | s m pl Idade, xeralmente
avanzada, dunha persoa. Ex:
É unha persoa de días. |
| 8 | pref Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado
de ‘a través de’. Ex:
diacronía, diatónico. |
| 9 | pref Forma prefixada de
orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de
‘separación’. Ex:
diacrítico. |
| 10 | pref Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co
significado de ‘feito de’. Ex:
diapalma, diasén. |
|
|
|
Fraseoloxia:
|
Abrir o día. Desaparecer a néboa ou as nubes. Abrir/Raiar/Romper/Vir o día. Amencer. Algún día. En tempos pasados, antigamente. Bo día/Bos días. Saúdo que se dá no período de tempo que vai da mañá ó mediodía. Caer/Marchar/Morrer/ Pechar o día. Anoitecer. Claro/Clara coma o día. Evidente. Con/De día. Durante as horas en que hai luz do sol. De cada día. De todos os días. De días. 1 De pouco tempo. Ex: Está en estado de días. 2 De idade avanzada. Ex: Éche un home de días. Deuche o día, miñaxoia. Aplícase ironicamente a alguén que é unha boa peza. Día a día. Cada día, un día tras outro. Día e noite/Noite e día. En todo momento, sen cesar. Día tras ou diante. Aproximadamente nese día. Do día. De hoxe. Do día para a noite. De repente. Dun día para outro. Nun día indeterminado, normalmente próximo no tempo. Estar de días. Estar de santo. Ex: O 8 de decembro está de días. Estar o día por alto. Estar o día claro, sen nubes. Estar un día de pan e viño/de sega. Estar bo tempo. Este día. Un día dos precedentes. Facer o día. 1 Ter un día economicamente rendible. 2 Sufrir algún contratempo. Hoxe en día. Actualmente. Ir marchando o día. Escurecer. Mañá é día de escola/de garabullos. Expresión para indicar que ó día seguinte é día de traballo. Mañá será outro día. Aprazamento dunha cousa para outro día no que as circunstancias sexan mellores. Medrar os días. Aumentar as horas de luz do día. No seu día. No momento oportuno. Non pasar un día/os días por alguén. Estar alguén ben conservado. O día de mañá. No futuro. O día menos pensado. Cando menos se espere. Ó abrir/Ó principiar/Ó rachar/ Ó raiar/Ó riscar/Ó romper o día/Á rompida do día/co ser día/Sobre (d)o día. Ó amencer. Ó día. 1 Ó corrente. Ex: Sempre está ó día na súa especialidade. 2 Segundo as modas. Ex: Viste ó día. 3 Sen atraso. Ex: Paga ó día. OBS: Emprégase normalmente cos verbos estar ou poñer. O outro día. Un dos días pasados. Ó caer/cerrar do día/ morrer/pechar o día. Ó anoitecer. Ó/Para o outro día. Ó día seguinte. Pasou o día, pasou a romaría. Expresión para indicar que pasou o momento oportuno para facer algo. Peso do día. Hora á que quenta máis o sol. Pór/Poñer o día. Fixar a data de algo. Ex: Puxeron o día do exame. Ser máis longo/grande ca un día sen pan. 1 Ser demasiado longo, inacabable. 2 Ser moi alto. Todo o (santo) día. O día completo, constantemente. Un día. En certa época. Un día que amañeza despacio. Nunca. Un día que outro. Calquera día. Un día é un día (e un peso gastouse)/Un día matas o porco e non chía/Un día non son días. Expresión para indicar que se fai unha excepción en algo. Ex: Mañá comemos marisco, un día é un día! Vivir ó día. Gastar todo o que se gaña, sen aforrar un peso.
. |


© 2008 Ir Indo Edicións. Todos os dereitos reservados.
|
| | 
 Aspecto que presenta o cemiterio o día de defuntos
|
|