Usuario

Contrasinal
        














TERESA: Tumba de Pedro Froilaz, Conde de Traba en la Capilla de las Reliquias de la Catedral de Santiago de Compostela (28/06/2010 17:05)



O Deportivo e o Celta comenzaron a Liga, Pensa que obterán máis puntos que o ano pasado?
Si  71%
Non  29%




   GALICIA        SÍMBOLOS    LINGUA    INSTITUCIÓNS    CONCELLOS    TURISMO E OCIO

Atope a información que precise utilizando o buscador avanzado da EGU.ES, escriba a palabra que desexe e prema o botón ''Buscar'', a páxina encontrará toda a información contida nas máis de 200.000 entradas da EGU. Tamén poderá buscar partindo de entradas en portugués, castelán, inglés ou alemán picando debaixo do buscador no idioma correspondente. Graciñas.
. Facendo dobre click sobre calquera palabra da enciclopedia verá a súa definición mediante o digalego.com.


Comeza con En toda a entrada En todo o contido
Portugués    Castelán              Inglés        







Anteriores.  Seguintes.     Imprimir a entrada.  Mandar a entrada por mail.  Escoitar a entrada, software por cortesia de Verbio (www.verbio.com).  
esqueleto      
(<gr óêåëåôüò ‘desecado’)

1 s m
      1 ANAT Conxunto de pezas duras e resistentes que protexen as partes brandas do corpo dalgúns animais e lles serven de soporte. Hai dous tipos fundamentais de esqueletos: o interno ou endoesqueleto e o externo ou exoesqueleto. Entre os principais exoesqueletos destacan os dalgúns protozoos, como os dos froaminíferos, radiolarios e amébidos, con cuncha, formados por carbonato de calcio, sílice e distintos materiais, respectivamente; os dos corais ou outros cnidarios coloniais, de soporte e protección; a cuncha dos moluscos que serve case exclusivamente de protección; e o dos artrópodos, composto por unha serie de placas independentes e articuladas que cobren todo o corpo e lles confiren unha gran mobilidade. Tamén se atopan exoesqueletos en distintos peixes, como o cabaliño de mar ou as agullas, nos réptiles quelonios e crocodilos e nalgúns mamíferos, como o armadillo. O endoesqueleto atópase nalgúns protozoos rizópodos e forma o soporte interno dos poríferos ou esponxas, nos que está formado por espículas calcarias ou silícicas ou por esponxina, e dalgúns cnidarios antozoos. Nos equinodermos o endoesqueleto, que está recuberto só por unha fina cutícula, está formado por un conxunto de placas independentes, que son fixas nos ourizos de mar, reducidas a pequenos grans nas holoturias, ou articuladas e inmóbiles no resto. Nos cefalocordados o esqueleto está formado pola notocorda, eixe fibroso que se estende ó longo de todo o corpo, dorsalmente respecto ó tubo dixestivo e ventralmente respecto ó cordón nervioso. Nos vertebrados o esqueleto interno óseo ou cartilaxinoso está formado pola columna vertebral, eixe dorsal que ocupa o lugar da notocorda, polo cranio, caixa cefálica que envolve os centros encefálicos, polo ósos dos membros, que os aguanta, e polas cinturas pelviana e pectoral, que une os ósos dos membros á columna vertebral. A partir dos réptiles preséntase tamén unha caixa torácica, formada polas costelas e o esterno, que protexe os pulmóns e o corazón.
      2 Conxunto de ósos dun vertebrado morto.

2 s m Persoa que está extremadamente delgada.

3 s m
      1 Estrutura ou parte interna de algo.
      2 Estrutura interna dun edificio.

4 s m Esquema ou bosquexo previo que se fai de algo. SIN: esbozo Ex: Só fixen o esqueleto do debuxo.

5 s m BOT Nervadura foliar que resta unha vez destruído o mesofilo e as epidermes por descomposición.

6 s m XEOL Elementos da rocha nai non transformados que se localizan nun solo. Os solos ricos neles denomínanse solos esqueléticos.




Voltar     Ir o inicio     Acceder a version móbil     Axuda     Abreviaturas do dicionario     Atopar a entrada no google

© 2008 Ir Indo Edicións. Todos os dereitos reservados.
      


Esqueleto dun Leon.


O esqueleto de diferentes animais




Esqueleto