





|
| Atope a información que precise utilizando o buscador avanzado da EGU.ES, escriba a palabra que desexe e prema o botón ''Buscar'', a páxina encontrará toda a información contida nas máis de 200.000 entradas da EGU. Tamén poderá buscar partindo de entradas en portugués, castelán, inglés ou alemán picando debaixo do buscador no idioma correspondente. Graciñas.
. Facendo dobre click sobre calquera palabra da enciclopedia verá a súa definición mediante o digalego.com. | |
|
|
| Fernando I  (Alcalá de Henares 10-3-1503 - Viena 25-7-1564) | |
| | Fernando I o Grande | Emperador do Sacro Imperio Xermánico (1558-1564), rei de Hungría e Bohemia (Fernando I; 1526-1564) e de Alemaña (1531-1564), fillo de Filipe o Fermoso e de Xoana a Tola. Educado polo seu avó materno, Fernando o Católico, foi enviado en 1518 a Flandres, onde completou a súa educación nun ambiente erasmista. Polo Tratado de Wörms (1521), o seu irmán, o Emperador Carlos V cedeulle os dominios patrimoniais da familia Habsburgo e en 1527, como esposo de Ana de Hungría e Bohemia, foi elixido rei, aínda que tivo que enfrontarse ó candidato da nobreza, Xoán Zapolya. En 1545 tivo que asinar unha tregua con Solimán II o Magnífico, que ocupara gran parte da chaira única, a cambio da entrega anual de tributos ós otomanos. En política interior, esforzouse por conciliar as posturas de católicos e protestantes. Iniciou unha serie de reformas entre os católicos, negociou o fin do conflito na Paz de Augsburgo (1555) e tentou que a Igrexa romana permitise a comuñón baixo as dúas especies (1554). Realizou unha reforma do sistema monetario e do consello áulico. |


© 2008 Ir Indo Edicións. Todos os dereitos reservados.
|
| |
| |
|
|
|