





|
| Atope a información que precise utilizando o buscador avanzado da EGU.ES, escriba a palabra que desexe e prema o botón ''Buscar'', a páxina encontrará toda a información contida nas máis de 200.000 entradas da EGU. Tamén poderá buscar partindo de entradas en portugués, castelán, inglés ou alemán picando debaixo do buscador no idioma correspondente. Graciñas.
. Facendo dobre click sobre calquera palabra da enciclopedia verá a súa definición mediante o digalego.com. | |
|
|
| orquestra  (< lat orchestra < gr ὀñ÷ήóôñá) | |
| 1 | s f ARQUIT
| |
1 | Es-pazo circular e non enlousado situado entre
a escena e as bancadas, no teatro grego. No centro da construción colocábase a
ara de Dióniso, xa que era o lugar destinado ás danzas do coro. Na distribución
do teatro romano, este espazo tiña forma semicircular e estaba enlousado.
Converteuse nun lugar reservado aos senadores e aos maxistrados, e nalgunhas
ocasións serviu para a representación das naumaquias. |
| |
2 | Parte anterior da platea situada baixo a escena, no teatro moderno, onde
acostuman estar os músicos que cooperan na execución dun espectáculo teatral. |
|
| 2 | MÚS
| |
1 | s f Conxunto de instrumentos
musicais reunidos para realizar unha interpretación musical. Os instrumentos da
orquestra pertencen a catro grupos: corda, vento (ou madeira), metal e
percusión. J. Stamitz, creador da escola de Mannheim, ideou un tipo estándar de
orquestra, coa duplicación dos instrumentos de vento, aos que uniu dous
clarinetes, e de metal. A finais do s XVIII a música sinfónica (Haydn e Mozart)
requiría, ademais do grupo dos catro instrumentos de corda (violíns, violas,
violoncellos e contrabaixos), dúas frautas, dous óboes, dous
clarinetes, dous fagots, dúas trompas, dúas trompetas, dous timbais e, ocasionalmente,
un frautín. Na época romántica o seu número creceu rapidamente coa inclusión do
corno inglés (1830), a tuba, o contrafagot, a arpa, e ocasionalmente, segundo
as necesidades da obra, mandolinas e un número variable de instrumentos de
percusión. Á vez, aumentou o número dos instrumentos habituais en todas as
seccións. Chégase a formacións colosais coas grandes obras sinfónicas de R.
Strauss e G. Mahler. A música contemporánea, en cambio, tende a empregar
conxuntos de cámara, a miúdo con instrumentos diferentes dos tradicionais. |
| |
2 | s f Conxunto dos músicos dunha orquestra. |
| |
3 | orquestra catedralicia Conxunto instrumental que dependía dos cabidos catedralicios. Estaba composto
por un número variable de músicos que estaban ao servizo dos ritos dunha
catedral de forma estable. Os instrumentos habituais eran as cornetas e os
instrumentos de corda, aos que se lle podían unir outros de vento como os
sacabuches, unha especie de trombóns de varas. En Galicia
tiveron unha importancia destacada no desenvolvemento musical. A orquestra da
Catedral de Santiago de Compostela foi a segunda de España en incorporar
instrumentistas de forma estable e nun número cada vez maior. No s XVIII
acadou, da man de B. Chiodi, o seu máximo esplendor con máis de doce músicos. A
finais do s XIX desapareceron de forma drástica. |
| |
4 | orquestra de cámara Orquestra que conta cun reducido número de instrumentos, entre os que destacan
os de corda e vento. Creouse como reacción á sobresaturada orquestra
posromántica. |
| |
5 | orquestra sinfónica Conxunto musical de máis de 40 compoñentes
formado por instrumentos de corda, vento-madeira, vento-metal e percusión,
destinado á interpretación do repertorio sinfónico. |
|
|
|


© 2008 Ir Indo Edicións. Todos os dereitos reservados.
|
| | 
 Orquestra sinfónica de Berlín.


Escoita os instrumentos dunha orquestra.
|
|