Usuario

Contrasinal
        














TERESA: Tumba de Pedro Froilaz, Conde de Traba en la Capilla de las Reliquias de la Catedral de Santiago de Compostela (28/06/2010 17:05)



O Deportivo e o Celta comenzaron a Liga, Pensa que obterán máis puntos que o ano pasado?
Si  71%
Non  29%




   GALICIA        SÍMBOLOS    LINGUA    INSTITUCIÓNS    CONCELLOS    TURISMO E OCIO

Atope a información que precise utilizando o buscador avanzado da EGU.ES, escriba a palabra que desexe e prema o botón ''Buscar'', a páxina encontrará toda a información contida nas máis de 200.000 entradas da EGU. Tamén poderá buscar partindo de entradas en portugués, castelán, inglés ou alemán picando debaixo do buscador no idioma correspondente. Graciñas.
. Facendo dobre click sobre calquera palabra da enciclopedia verá a súa definición mediante o digalego.com.


Comeza con En toda a entrada En todo o contido
Portugués    Castelán              Inglés        







Anteriores.  Seguintes.     Imprimir a entrada.  Mandar a entrada por mail.  Escoitar a entrada, software por cortesia de Verbio (www.verbio.com).  
paz      
(< lat pace)

1
      1 s f Situación en que non hai guerras, conflitos nin enfrontamentos.
      2 s f Estado dun país que se caracteriza pola ausencia de conflitos ou de perturbacións da orde pública.
      3 s f Estado dun grupo de persoas que se caracteriza pola ausencia de disensións ou preitos.
      4 paz de Deus HIST Prohibición eclesiástica de todo acto hostil contra persoas ou bens nunhas condicións determinadas, co fin de paliar as guerras privadas, frecuentes nos ss X e XI. Estableceuse por vez primeira nos concilios de Charroux (989) e Puy (990), onde se ditaron normas para protexer os máis desvalidos fronte á violencia dos poderosos. O Concilio de Poitiers (1000) promulgou a paz pública por amor de Deus e prohibiu que calquera tomase a xustiza pola man. Estendeuse por Francia e Flandres e convocáronse asembleas de bispos e nobres, que excomungaron e puxeron en dúbida os transgresores da paz.

2 s f BÉL Tratado ou convenio polo que se pon fin a unha guerra.

3
      1 s f Benestar, sosego ou silencio que provén da ausencia de molestias, conflitos ou ruídos. Na tradición oral recóllense ditos como: “Na casa onde non hai pan, non pode haber paz. Teñamos paz e chegaremos a vellos”.
      2 s f Tranquilidade de ánimo ou espírito, non turbado pola paixón, a ansia ou o temor.
      3 rito da paz RELIX Rito litúrxico que consiste en desexárense os fieis mutuamente a paz a través dalgún signo externo, como un ósculo ou unha aperta. O primitivo uso de bicarse, na Idade Media, foi exclusivo dos celebrantes, e ideou un instrumento (portapaz) para transmitir a paz entre os fieis.
Fraseoloxia: Deixar en paz. Non molestar. Descanse en paz. Fórmula con que se desexa o repouso eterno a alguén que acaba de morrer. En paz estea/descanse. Fórmula piadosa que segue á mención dun defunto. Estar/Quedar en paz. Saldar as débedas dúas ou máis persoas. Facer as paces. Reconciliarse dúas ou máis persoas. Poñer en paz. Reconciliar. Poñer paz. Calmar ou separar. Ser a paz do mundo/Ser de boa paz. Ser ou ter alguén bo carácter. .




Voltar     Ir o inicio     Acceder a version móbil     Axuda     Abreviaturas do dicionario     Atopar a entrada no google

© 2008 Ir Indo Edicións. Todos os dereitos reservados.
      



El derecho de vivir en paz: Luar Na Lubre C.D. Espiral (2002)