





|
| Atope a información que precise utilizando o buscador avanzado da EGU.ES, escriba a palabra que desexe e prema o botón ''Buscar'', a páxina encontrará toda a información contida nas máis de 200.000 entradas da EGU. Tamén poderá buscar partindo de entradas en portugués, castelán, inglés ou alemán picando debaixo do buscador no idioma correspondente. Graciñas.
. Facendo dobre click sobre calquera palabra da enciclopedia verá a súa definición mediante o digalego.com. | |
|
|
| pedra  (<
lat petra) |     port: pedra     cast: piedra     ingl: stone |
| 1 |
| |
1 | s f XEOL Corpo mineral sólido e duro, de composición moi variable, non metálico, pero
que contén sales e óxidos metálicos, aos que se debe a súa coloración, que pode
ser moi variada, e que constitúe as rochas. Adóitase designar mediante unha
especificación as diversas variedades, así, fálase de pedras
calcarias, cuarzosas ou
silíceas entre outras. |
| |
2 | pedra córnea MINERAL Variedade de xaspe, opaca e de brillo córneo, que se presenta en nódulos nas
calcarias, pórfiros cuarcíferos e traquitas. |
| |
3 | pedra de lúa MINERAL Variedade de ortosa propia de Sri Lanka, constituída por adularia ou sanidina e
tamén albina ou plaxioclase, de aspecto lixeiramente leitoso e turbio. |
| |
4 | pedra de lume MINERAL pedernal. |
| |
5 | pedra de sangue MINERAL Variedade de hematites, compacta e de cor. |
| |
6 | pedra de sol MINERAL Oligoclase con interposición de olixisto, que lle dá uns reflexos brillantes. É
propia de Tvedestrand (Noruega). |
| |
7 | pedra de xabón MINERAL saponita. |
| |
8 | pedra do Amazonas MINERAL amazonita. |
| |
9 | pedra imán MINERAL magnetita. |
| |
10 | pedra oleira MINERAL Variedade de talco, propia de Galicia, que se emprega para facer olas e outros
vasos. |
| |
11 | pedra pómez MINERAL Pedra volcánica esponxosa e lixeira, de
natureza ácida, que constitúe a parte superior das lavas volcánicas. Emprégase
para puír e limpar superficies. SIN: pumicita |
|
| 2 | s f Anaco dese mineral. Ex: Tiráballe pedras ao
tellado. |
| 3 | CONSTR
| |
1 | s f Anaco de materia mineral de
certo tamaño, desprendida naturalmente dunha rocha, ou sacada artificialmente,
empregada xeralmente en construción. |
| |
2 | pedra artificial Bloque de formigón de constitución axeitada para que, polo menos unha das súas
caras, presente, unha vez pulida, un aspecto semellante a unha pedra natural. |
|
| 4 | s f Peza pequena cilíndrica que
está formada por unha aliaxe de ferro e cerio que produce a chispa nos
acendedores de acendido por chispa. |
| 5 |
| |
2 | pedra billeira Pedra sobre a que se coloca a buxa. |
|
| 6 | s f Lousa que cobre unha
sepultura. |
| 7 | s f Cálculo que se fai nos
riles, na vexiga da urina, nas vías urinarias ou na vesícula biliar. |
| 8 | s f Precipitación en forma de sarabia grosa. SIN: pedrazo |
| 9 | s f Sarrio que se acumula nos
dentes. |
| 11 | s f Anaco dunha substancia sólida e dura. Ex: Colleu dúas pedras de azucre para o
café. Pediu unha pedra de xeo para o té. |
| 12 | s f IND Partícula de materia sólida non cristalizada
que queda englobada nun vidro e que adoita consistir en algunha impureza da
mestura ou nalgún fragmento dalgún elemento do forno desprendido antes da súa
solidificación total. |
| 13 | pedra angular
| |
1 | Cada unha das pezas que fan de unión das dúas
paredes que forman unha esquina. |
| |
2 | Parte esencial ou fundamental de algo. |
|
| 14 | pedra da gadaña Pedra para afiar a gadaña. |
| 15 | pedra de abalar ETN pedra de abalar. |
| 16 | pedra de afiar/amolar Pedra natural ou artificial que se emprega para afiar instrumentos e
ferramentas de corte. |
| 17 | pedra de raio ARQUEOL ceraunia. |
| 18 | pedra de toque
| |
1 | Pedra silícea negra que se emprega para probar
o grao de pureza dos metais, xeralmente o ouro e a prata. Analízase a raia que
estes metais lle imprimen por fretamento á pedra, no ensaio denominado toque. |
| |
2 | Cousa que serve para probar a autenticidade
doutra. |
|
| 19 | pedra filosofal pedra filosofal. |
| 20 | pedra formosa PREHIST Construción de gran tamaño de época castrexa. Ten forma pentagonal e adáptase á
estrutura do edificio ao que pertence, cunha pequena abertura na parte
superior. Están talladas con motivos ornamentais e o seu nome procede do
primeiro exemplar descuberto no castro de Briteiros. A área de distribución
esténdese polo norte de Portugal, o occidente de Asturias e Galicia. En Galicia
destacan os atopados no lugar de Armeá en Augas Santas (Allariz) e en Espasante
(Ortigueira). |
| 21 | pedra litográfica GRÁF Pedra calcaria compacta sobre a que se
realizan debuxos litográficos e que serve de molde para estampacións
litográficas. |
| 22 | pedra preciosa Pedra dura, transparente e de gran valor que,
unha vez tallada se emprega en xoiaría. Tamén se denomina
pedra. |
|
|
|
Fraseoloxia:
|
Abrandar as pedras. Producir unha gran compaixón. Arrincar as pedras cos dentes. Realizar un esforzo moi grande. Durmir como unha pedra. Durmir dunha maneira moi profunda. Duro como unha pedra. Moi duro. Facer chorar unha pedra. Producir un gran sentimento de pena. Menos dá unha pedra. Expresión que indica que alguén se conforma con algo aínda que non sexa o esperado. Non deixar/quedar pedra sobre pedra. Destruír todo. Pasar pola pedra 1 Obrigar a alguén a facer calquera cousa. 2 Ter relacións sexuais con alguén. Poñer a primeira pedra. Inagurar unha obra. Quedar/Deixar de pedra. Quedar turbado ou paralizado ante algo ou alguén. Ser a pedra da paciencia. Ser resignado. Ser de pedra. Ser insensible. Tirar a pedra e esconder a man. Producir un dano ou prexuízo e tratar que non se saiba. Tirar a primeira pedra. Ser o primeiro en realizar unha acusación.
. |


© 2008 Ir Indo Edicións. Todos os dereitos reservados.
|
| | 
 pedra dos Cadrís, en Muxía
|
|