Ir o inicio

Comeza con   En toda a entrada   En todo o contido  
Port Cast Ingl Ale
Triangulo entrada Acceso de usuarios
Usuario
Contrasinal
Triangulo entrada Rexistrarse
Triangulo entrada Recordar contrasinal

Inicio Contactar Redacción Colaboradores Caracteristicas AbreviaturasEnciclopediaInicio Menu

Agregar a favoritos     Páxina de inicio     Canle RSS

Anteriores.  Seguintes.     Imprimir a entrada.  Mandar a entrada por mail.  Escoitar a entrada, software por cortesia de Verbio (www.verbio.com).  
Maquiavelo
(Florencia 3-5-1469 - 21-6- 1527)

Maquiavelo, pintura de Santi di Tito (Palazzo Vecchio, Florencia)
Político e escritor. De nome Nicolò Machiavelli, foi chanceler da república florentina (1498), onde destacou pola súa actividade diplomática. Foi exiliado en 1512 ó regresar Florencia ó poder dos Medici. Desta época son as súas obras máis importantes: Il principe, o Discorsi sulla prima deca di Tito Livio e La mandragola, peza principal do teatro italiano. En 1519 volveu a Florencia, onde os Medici lle ofreceron cargos de pouca importancia, e publicou Arte della guerra (1521) e Storie fiorentine (1515). Restaurada a República de Florencia (1527), o novo goberno excluíuno da vida política. A súa obra sentou as bases da ciencia política e do estado moderno, tratou de crear un estado capaz de rexeitar ataques estranxeiros e afianzar a súa soberanía, e defendeu que a política é a arte de conseguir e conservar o poder. Considerou a acción política con criterios netamente científicos. A realidade humana, desde o nivel psicolóxico ata o político, é susceptible de descrición científica porque dominan paixóns e vontades naturais e inmutables. O núcleo da reflexión de Maquiavelo é propiamente este privilexio aplicado á política, que é sobre todo, a expresión, no campo teórico, do carácter fundamental do estado moderno: a separación antagónica entre a esfera política e a sociedade civil. A organización política xa non se considerou a expresión directa e inmediata das relacións civís; ó contrario, separouse destas relacións e presentouse como unha actividade máis coa característica de asumir o resto como unha materia que organizar. O carácter inhumano do príncipe, o seu cinismo e a súa crueldade, non son outra cousa que a inhumanidade do estado burgués moderno.




Voltar     Ir o inicio     Acceder a version móbil     Axuda     Abreviaturas do dicionario     Atopar a entrada no google
        

Ir Indo Edicións © Ir Indo Edicións S.L. Contidos realizados e mantidos por Ir Indo Edicións.
Ir Indo Edicións | Tenda Ir Indo | Publicacións | A Obra | Software TTS de Verbio | Contacte con Ir Indo